Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O todo é relativo, de Mónica Oltra

    HAI algo que a miúdo lle critican aos galegos os veciños de outras rexións españolas: o frecuente uso que fan do verbo depende. Quizais eles, con menos finura intelectual, non chegan a comprender que ao galego non lle dea o mesmo unha cousa que a outra, conclusión á que este chega pola súa finura intelectual, que o leva a distinguir nun palmo entre o que é así entendido nun senso, ou é diferente se o entendemos no outro...

    Ben distinto é o que fan algúns de outras latitudes, coma Mónica Oltra, que se sinte dona de facer un xuízo na procura da verdade ou do erro dun poder xudicial. Considerándose a persoa xusta para establecer se o tribunal está ou non no certo, chega a distintas conclusións, segundo ela estea implicada no asunto, ou non. Cando se sentía totalmente ceiba, considerábase coma unha institución que lle podía dicir a Camps que tiña que dimitir, pois unha persoa imputada non debía ocupar un posto de tipo social.

    En troques agora, ela que é (era) vicepresidenta da Comunidade Valenciana por Compromís, pode continuar séndoo aínda que estea imputada, pois a súa imputación, vista desde o fino cristal que ela posúe, é un ataque da extrema dereita, e por iso non é digno de terse en conta.

    Na nosa benquerida España resulta que moitos considéranse co dereito a establecer cal era a verdade do acontecido hai tempo. O que nesa etapa da historia se concluíra, non é o que de certo era, pois tiña que pasar polo filtro de algunhas persoas iluminadas, que fan o xuízo desde o momento presente... Certo que todo é relativo, chegando a ser verdade nos tempos en que vivimos que o franquismo foi ruín para España, por ser facha, da extrema dereita, fascista... Para estes xuíces, o único válido do século XX foi a República: iso si que era xusto, bo para a transmisión de cultura, unha política de amplos horizontes... Así pensan algúns.

    Agora haberá que agardar a que persoas coma Mónica Oltra poidan xuntar a agudeza de miras con unha “consecuencia proverbial” na súa vida: Camps debía dimitir, porque a súa imputación proviña dun tribunal que ela considera xusto; en troques o que airea o seu caso é de extrema dereita, e non podemos esperar del unha resolución certa. Daquela, coa súa visión tan lúcida, non dimite –tardou en facelo–, e, desde o seu sentir, ela aproba a súa actitude...

    23 jun 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.