Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pagar impostos é de esquerdas

    Temos a unha dereita obsesionada en non recadar impostos, unha dereita neoliberal no económico e conservadora no social que quere deixar desamparado o Estado do benestar. Unha dereita que, cando tivo ou ten responsabilidades de goberno, aplica recortes en sanidade, educación, servizos sociais. . .

    E digo eu! Pagar impostos é de esquerdas. Como queremos manter a sanidade pública, a educación, os servizos sociais, as infraestructuras. . . sen pagar impostos?

    Os médicos, os profesores, os traballadores non saen gratis, hai que pagarlles e así debe ser. Teñen que cobrar salarios dignos para poder vivir con dignidade eles máis as súas familias.

    Como pagamos os carisimos aparellos que precisa a sanidade pública sen recadar impostos?

    O Estado ten que ter recursos económicos para poder ter e manter o Estado do benestar. A cuestión de recadar impostos radica en como se fai; e o tema está en quen máis teña máis pague e quen menos teña menos pague.

    Non é o mesmo vivir con dez mil euros ao ano que con cinquenta mil, con cen mil ou máis.

    As persoas que máis recursos económicos teñen tamén teñen que aportar máis ás arcas públicas para poder facer un reparto da riqueza e dos servizos públicos xusto.

    E hai outra mentira que impera, é decir que hai xente que non paga impostos, iso é incerto. Ata unha persoa que vive na mendicidade dormindo na rúa paga impostos; cando vai tomar un café, cando merca o cartón de viño, cando merca calquera cousa está a pagar o IVE, está a pagar impostos.

    Cando precisamos operarnos nun hospital público queremos que o fagan gratis, e así ten que ser, pero sen pagar impostos é imposible que nos operen gratis. Moitos medicamentos teñen unha importante redución do seu custo nas farmacias, pero sen pagar impostos isto non sería posible.

    A dereita non quere que se recaden impostos porque o que quere é privatizar todo, e que se cobre polos servizos públicos; ademais de manter o capital privado con cartos públicos.

    E logo, cando vén unha do revés, como pasa agora coa pandemia da Covid-19, atopámonos sen cientificos, sen atención primaria na sanidade pública, sen camas de hospitais, sen UCIs.

    Se queremos manter un Estado do benestar de calidade temos que pagalo, e iso faise recadando impostos de forma xusta pero suficiente.

    25 oct 2020 / 00:20
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito