Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Patrimonio humano de Ponteareas

PONTEAREAS, deu moitos personaxes ilustres que deixaron un legado importante á sociedade. Ademais dos once fillos predilectos de Ponteareas (Reveriano Soutullo Otero, Manuel Piñeiro Groba, Fermín Bouza Brey, Delio Rodríguez Barros, Manuel Crespo Alfaya, Feliciano Barrera Fernández, Rogelio Groba Groba, Lorenzo Olarte Cullén, Antonio Troncoso de Castro, Álvaro Pino Couñago e Francisco Peña Castiñeira), hai outros ponteareáns destacados que forman parte do patrimonio humano de Ponteareas.

Martín de Ginzo (s.XIII), xuglar, tro-
vador das cantigas de amigo, autor de
oito cantigas.

Gabino Bugallal Araújo – II Conde de Bugallal (1861-1932). Xurconsulto, su-
perministro e presidente interino do Goberno de España (1921). Tivo que exiliar-se en París, falleceu no Hotel Savoy (31-05-1932).

José Estévez Carrera (1869-1936). Avogado e político. Rexistrador da Propiedade. Deputado nas Cortes (1914-1923) polo Partido Conservador. Subsecretario de Facenda e director xeral da Administración Local. Asasinado en Madrid (02-11-1936).

Amado Garra Castellazaruelo (1873-1948). Avogado, periodista e político. Figura destacada do agrarismo galego. Dirixiu o Boletín de la Liga para la Defensa de la Higiene. Fundou e dirixiu El Tea de Ponteareas. Presidiu o Partido Republicano de Vigo. Foi alcalde de Vigo.

Alejandro Viana Esperón (1877-1952). Empresario e político. Alcalde de Vigo. Deputado por Pontevedra nas Cortes (1936-1939). En 1939 tivo que exiliarse en París, colaborando co Servizo de Refuxiados Españois na evacuación de 17.000 refuxiados republicados.

Manuel Domínguez Benavides (1895-1947). Periodista, escritor e político. Autor en 1934 de El último pirata del Mediterráneo, biografía novelada do banqueiro mallorquín Juan March, que tivo un gran éxito editorial, polo que foi encarcelado, tivo que exiliarse.

José Domínguez Benavides (¿?-1985). Xornalista. Emigrou a Venezuela, colaborou na fundación: El Nacional, Últimas Noticias, Escola Comunicación Social-Universidade Central de Venezuela, Asociación Venezolana de Periodistas. Loitou na clandestinidade contra a ditadura.

Maruja Pino Piñeiro (1918-2010). Escritora. Cultivou os xéneros da escritura, o teatro e a poesía, cunha obra prolífica. Realizou labores humanitarias, a través de Cáritas e a Asociación Española contra el Cáncer, da que foi presidenta no Condado.

Carlos Rivero Troncoso (1920-1994). Xornalista, escritor e político. Director de Vieja Guardia, El Español. Redactor xefe de informativos de RNE. Premio de Novela Ateneo de Valladolid 1960 por Mañana empieza el alba. Premio Nacional de Periodismo Francisco Franco 1968.

Emilio Rodríguez Barros (1923-1984). Ciclista profesional 1940-1950, vencedor da Volta Ciclista a España (1950) con cinco triunfos de etapa e gran premio da montaña (1950, 1946 e 1947). Campión de España de ciclismo en ruta (1954).

Alfonso Quinteiro Alonso (1924-2009). Dibuxante, escultor e pintor. Destacou na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando/Madrid. Deixou unha obra prolífica, fixo as esculturas de Bugallal e Soutullo que presiden a entrada do Ilmo. Concello de Ponteareas.

Manuel Rodríguez Barros (1926-1997). Ciclista profesional 1947-1960, subcampión da Volta Ciclista a España (1950).

José Teixeira Alonso (1928). Campión de España 3.000 m. obstáculos (1951/53/55). Campión galego de cross (1953/54). Medalla de bronce 3000 m. obstáculos nos Xogos Mediterráneos (Barcelona, 1955). Gañador 3.000 m. obstáculos con récord de España, no match París-Barcelona-Stuttgart (París, 1953).

José Manuel Domínguez Rodríguez (1932). Enxeñeiro de Telecomunicacións e filósofo. Director Departamento de Metroloxía en Construccións Aeronaúticas, na UCM, destacan as súas investigacións sobre os conceptos masa e calidade. Traductor dos Principia Mathematica.

Abel Ramón Caballero Álvarez (1946). Economista, político e escritor. Doutor e
n Economía polas UCambridge e USC,
catedrático da UVigo, ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións no
Goberno de Felipe González. Alcalde de Vigo dende 2007 e presidente da FEMP dende o ano 2015.

25 oct 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito