Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
A VISTA DE PAXARO

Proposta para que o CIS pregunte sobre monarquía e república

    O grupo de Unidas Podemos na Carreira de San Jeronimo presentará unha proposta para que o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) inclúa preguntas sobre a valoración de monarquía e república.

    Este tipo de preguntas nas enquisas do CIS deixáronse de facer hai un tempo e agora coa presentación desta PNL no Congreso dos Deputados quérese que se volva a interrogar a cidadanía sobre estas cuestións.

    Todo indica que a fuxida do Borbón emérito provocará unha perda de valoración positiva dos cidadáns á institución da monarquía.

    Parece ser, según expresou o propio vicepresidente Pablo Iglesias, que este máis Pedro Sánchez tiveron unha forte discusión en relación á marcha de Juan Carlos I aos Emiratos Arabes Unidos. Discusión que según afirmou o vicepresidente segundo rematou con unha disculpa do Presidente do goberno a Pablo Iglesias.

    A discusión en sede parlamentar sobre se o CIS ten, ou non, que preguntar sobre monarquía e república pode rematar nun debate sobre a forma de Estado entre os socios de goberno, e sumando tamén o resto dos grupos alí representados.

    O PSOE ten presumido máis dunha vez de ter unha alma republicana, pero á hora da verdade sempre saen na defensa da monarquía como institución. Esa institución que é ao mesmo tempo unha persoa e máis unha pretendida institución democrática.

    Os socialdemócratas españois defenden que non queren perxudicar o chamado consenso constitucional de 1978 por defender institucionalmente a república.

    Así pois, con un PSOE que sempre remata defendendo a monarquía, será interesante escoitar este debate cando se produza, entre os socios de goberno máis o resto de forzas políticas.

    Eu que son un defensor dunha república galega penso que se o Estado español quere profundizar na súa democratización tamén debería de optar por unha forma de Estado republicana onde fose recoñecido un Estado plurinacional, pluricultural e plurilingüístico con dereito a exercer a autodeterminación por parte das nacións asoballadas que o integran.

    Parece ser, polas cousas que se van filtrando aos medios, que estamos nun momento no que as discrepancias entre o PSOE e Unidas Podemos no seo do goberno español están cada vez máis á orde do dia.

    O tema da fusión de CaixaBanc-Bankia tamén parece que foi discutido polos socios de goberno con discrepancias entre eles.

    E temos diante nosa a discusión da norma máis importante dunha lexislatura, os Presupostos Xerais de Estado.

    Teremos que estar ao tanto de como vai evolucionando a actual lexislatura.

    13 sep 2020 / 00:30
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito