Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Que veñen
os fondos!

    UNHA agricultura sen labregos. Un rural sen habitantes. Ese é o deseño que teñen os fondos de investimento para o noso agro. Un rural que aporta o 30 % do PIB no Estado español, o 40 % en Francia, o 50 % en Alemaña e na UE o 52 %... En Galicia só representa o 6,5 %. No Estado español a terra agrícola está controlada polo 3,1 % dos propietarios, mentres que en Galiza, co 5,8 %, ten o 19,7 % dos titulares.

    Afirman especialistas na materia que, nos dous últimos anos, “deuse unha explosión de diñeiro para entrar no campo, sobre todo no agro galego”.

    Comezaron a crear fondos de investimento. O primeiro o Panda Agriculture&Water Fund.
    Detrás del viñeron outros máis, uns de capital estatal e outros
    foráneos.

    Pero non só están interesa-
    dos na terra, senón que tamén están moi cobiceiros na auga, que xa cotiza en futuros, e Galiza aínda ten auga a esgalla e de grande calidade.

    A auga e tamén o vento, pois estes mesmos fondos puxeron os ollos en montar empresas de enerxías renovábeis “nos chans máis áridos e desprotexidos”. E os eucaliptos van da man dos eólicos para un mellor aproveitamento das correntes de vento. O capital non deixa nada ao azar.

    Pero aos fondos voitres, sexan só agrícolas ou industrias, non lles serve esta estrutura de propiedade tan atomizada, nin os nosos pozos, fontes e regatos, que as xentes do rural sempre consideraron da súa propiedade.

    Tampouco poden permitir que “haxa fincas en produción que estean ao carón de predios abandonados”.

    Pero, segundo os informes destes fondos, non se trata de realizar investimentos en mercar terras, pois requiriría un forte aportación de capital, senón de alugalas e, se é ás administracións, moito mellor. Calculan que o aluguer das propiedades privadas, incluídas as dedicadas a enerxías renovábeis, aumentará en cinco anos de 150 euros a 1.500 euros a hectárea, “e, aínda así, seguirán a ser rendibeis”.

    Con estes datos, poidan que se entendan mellor as últimas leis aprobadas do PP.

    27 mar 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito