Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reforma laboral

    Malia o acordo da patronal, o Goberno e os sindicatos para cambiar a reforma laboral de M. Rajoy –aprobada en 2012 por decreto e logo como proxecto de lei para incorporar as aportacións do PP, que tiña maioría absoluta–, Pablo Casado optou por rexeitalo sen permitir un debate aberto na súa Executiva. Dixo que o PP votará en contra, que derrogará a nova norma se chega a gobernar e que a recorrerá ante o TC. De nada serviu que dirixentes populares lle recomendasen ler a letra pequena, nin que o presidente da CEOE o requirise para que lle presentara un proxecto alternativo. Para a patronal estamos ante o mellor acordo posible, toda vez que non houbo unha derrogación, como inicialmente quería Yolanda Díaz, quedándose en cambios sen moito alcance.

    Ao non do Partido Popular e Vox, súmase tamén o dos nacionalistas, que queren que os convenios autonómicos prevalezan sobre os estatais e os de empresa. Algo que a patronal non acepta. Para a ministra, quen faga fracasar a ratificación no Congreso terá que explicalo.

    18 ene 2022 / 02:23
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito