Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Servizos sociais europeos

    O 25 de abril a Rede Europea de Servizos Sociais celebrou unha video-conferencia sobre O covid-19 e os servizos sociais: retos e plans de futuro. Entre os catro relatores, estivo a directora de Asuntos Sociais da Comisión Europea, Katarina Ivankovic-Knezevic.

    Na presentación salientouse que a situación cambia a cotío e as respostas deben ser rápidas. Para implementar as medidas axeitadas, o primeiro é observar e analizar ben o que sucede.

    Os servizos sociais son importantes sempre e máis agora en que a pandemia está a aumentar a as desigualdades. Estase a producir unha gran perda de ingresos nas familias, a causa do desemprego (o peche do sector turístico durará meses e miles delas quedarán sen ingresos).

    Ao estar pechadas as escolas, xorden novos problemas de conciliación; e moitas persoas pospoñen as visitas ao médico, o dentista e o psicólogo, o cal reverterá no deterioro da súa saúde. Medra a violencia de xénero ao vivir 24 horas co agresor, e aumentarán as dificultades para as persoas con discapacidade ou enfermidade mental. Aparecen ademais novas necesidades non detectadas, que é preciso visibilizar.

    No traballo social é necesario realizar cambios no sistema de traballo, usando máis as TIC e limitando a intervención direta; así como facilitar formación ao persoal sobre a nova situación, comezando polo que presta a axuda a domicilio. As recomendacións para a protección da saúde deben ser claras e debe dotarse de medios a quen non dispoñen deles.

    Deben idearse novas modalidades e regulacións xurídicas
    con urxencia para acceder e facer uso das diferentes prestacións e servizos, dende o apoio para situacións de emerxencia a causa do covid, á procura de ingresos mínimos ou de coidados.

    Unha vez identificadas as novas necesidades, é preciso redefinir as estratexias, incluída a Axenda 2030, tendo en conta as diferentes vertentes: social, económica, de saúde... Haberá tamén que redistribuír e recrutar máis persoal; e ser proactivos coas persoas que viven soas.

    Redistribuír e aumentar o financiamento dos servizos públicos e mellorar a coordinación, non é o único reto. Os servizos sociais téñense que reinventar.

    08 may 2020 / 21:39
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.