Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Soberbia e cobiza sen límites

    CUNHA inflación cada vez menos conxuntural, polos efectos do aumento do prezo da enerxía e outros recursos, e as trabas no proceso produtivo e de comercialización. Primeiro pola pandemia, e hoxe pola confrontación entre o ”bloque occidental” (OTAN+G/ e aliados) contra China e Rusia. Estratexia da Guerra Fría. Búscase debilitar este bloque alternativo, que podería abrir paso a un mundo multipolar, co que iso implica de negativo para manter a globalización neoliberal, ou sexa: a centralización e concentración da riqueza e do poder.

    Diante do enorme crecemento da economía de China e do poder militar da Federación Rusa, intentase repetir aquel proceso, aínda que non existe un enfrontamento no modelo socioeconómico. A liña divisoria sería a de governos autoritarios ou democráticos, algo moi discutíbel dado as alianzas occidentais coas monarquías do Golfo e o fomento por parte de Estados Unidos e as potencias aliadas de todo tipo de ditaduras, por exemplo na América Latina e África. Ademais, as “democracias occidentais” co neoliberalismo teñen baixo control e limitada a participación social, e poñen o máximo esforzo para individualizar e fragmentar as problemáticas da clase traballadora e outros sectores populares.

    O conflito con Moscova poderíase ter resolto con garantías de que Rusia non ía estar arrodeada de mísiles nucleares, ou sexa de bases da OTAN, e cun acordo de autonomía para as rexións do Dombass na Ucraína. Polo que resulta difícil de entender que antes e despois da invasión rusa se manteña por parte do “bloque occidental” unha negativa a pactar estas garantías. A non ser que o obxectivo sempre fose admitir como máximo a Rusia como unha potencia rexional e cun papel secundario na escala de valor, por exemplo na actividade primaria (petróleo, gas, titanio, cereais, fertilizantes...). Mais, o certo é que malia ter moi poucas bases exteriores, fóra da ex Unión Soviética, só en Siria, a súa contundente intervención en Xeorxia, Siria, Libia... deixaron patente un rol internacional no eido militar. E, ao dispoñer de armamento nuclear, implica un cuestionamento á hexemonía de Washington.

    O propio pasou con China, fóiselles das mans, por minivalorar a capacidade da povoación dos estados da periferia. A crise de 2008 iniciada nos EEUU e logo na UE non funcionou con China. Foi así en boa medida pola planificación e o papel do Estado, que está por riba das corporacións. Hoxe a economía do xigante asiático é a primeira en capacidade de merca.

    Estados Unidos e aliados están fronte a dúas opcións. Unha, que representaría un salto histórico, civilizatorio, sería pactar unhas novas regras de xogo que garantisen o ecosistema, hoxe en perigo, a soberanía das nacións (das nacionalidades), os dereitos colectivos e individuais, un reparto xusto do traballo e dos ingresos, e primar a solidariedade. A outra, pola que se optou até hoxe, é a de aferrarse ao poder, por cobiza, para optimizar os lucros a costa da desigualdade, precariedade e pobreza,... e facendo de todo mercadoría. Só así se entende que se arme a Ucraína, que Israel manteña nun campo de concentración aos palestinos/as e bombardee Siria, e que Nancy Pelosi bote pólvora no lume das relacións de China coa súa provincia de Taiwán (todo planificado, e volvese a repetir en Armenia-Acerbaixán). En lugar de dar pulo ao dialogo, o imperialismo hexemónico aposta pola confrontación. Cal será o límite?

    22 sep 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.