Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Todos e TODAS a votar!

    O día 12 os galegos e galegas teñen unha cita coas urnas para elixirmos, entre distintas opcións políticas, os nosos representantes no Parlamento galego de cara aos vindeiros catro anos. Moitos de nós xa nacemos baixo un sistema democrático onde homes e mulleres, maiores de idade, elixen os seus representantes, líderes e gobernos.

    Pero chegar ata aquí, a unha sociedade onde os votantes poden emitir o seu voto independentemente da clase social, do seu nivel educativo, do seu poder económico, da raza, do sexo... supuxo, non o esquezamos, séculos de esforzos, de loitas, de movementos, de revolucións e de reivindicacións.

    Dito isto, quero lembrar o mito político do rei Cécrope I, onde se recolle como se lles retira ás mulleres a posibilidade de votar e a confianza na súa capacidade para elixir o correcto, segundo a visión masculina. Cóntase na Historia de la mitología griega editada por Akal Ediciones, que as féminas de Atenas tiñan dereito a voto nesa época. O rei pediulles aos homes e mulleres atenienses que votasen para coñecer que deus preferían como patrón ou patroa da cidade: se querían a Poseidón ou a Atenea.

    Disque os homes escolleron a Poseidón e que as mulleres votaron por Atenea. Como elas eran unha máis ca os homes, venceu a candidatura feminina por un voto. Poseidón castigounas e vingouse facendo que os atenienses as desposuísen dos seus dereitos e non puidesen chamarse “atenienses”. Como vemos neste relato, unha vez máis, búscase excluír as mulleres dun mundo estruturado desde o punto de vista masculino onde, por certo, Atenea non axudou as súas votantes ante tal vinganza.

    Volvendo á actualidade, un dos primeiros lugares en aceptar a igualdade no sufraxio ao seu Parlamento local foi a Illa de Man, en 1881. En España houbo que agardar ao século XX, concretamente, ao 1 de outubro de 1931, para ver aprobado o coñecido como Artigo 36. Sumáronse, naquel momento, 161 votos a favor, 121 en contra e 188 abstencións: “Os cidadáns dun e doutro sexo, maiores de vinte e tres anos, terán os mesmos dereitos electorais conforme determinen as leis”. Chegar a aprobar estas transcendentais liñas foi posible grazas á defensa de figuras como Clara Campoamor.

    Por último, pese á importancia deste logro, tamén é necesario destacar que o feito de garantir este dereito non implicou maior presenza das mulleres na vida política nin unha maior influencia feminina nas políticas promovidas desde os gobernos. Para isto, aínda que avanzamos no bo camiño, haberá que seguir vogando.

    Por certo, Atenea non axudou as súas votantes ante tal venganza.

    09 jul 2020 / 23:04
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.