Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Unha cadea desequilibrada

    AÍNDA que dende a modificación da lei da cadea alimentaria levada a cabo para lograr un reparto de beneficios máis xusto entre os axentes que participan nela xa pasaron seis meses, a situación do sector segue igual. O punto más salientable da reforma, sen dúbida, é a prohibición da venda de produtos agroalimentarios a perdas; ou –o que é o mesmo– que non se pode vender por debaixo dos custos de produción en ningún eslavón da cadea agroalimentaria.

    Os principais axentes na cadea –os produtores, a industria e as distribuidoras–, segundo a lei, non poden pagar ao inmediatamente anterior un prezo igual o superior ao de produción que este teña asumido. Así mesmo, quen realicen a venda final de alimentos non poderán ofertar un prezo de venda ao público inferior ao prezo real de adquisición daqueles; tendo a consideración de venda desleal esta práctica.

    Sen embargo, a situación da parte máis débil do eslavón –a dos produtores–, a día de hoxe, segue máis ou menos igual.

    No sector lácteo os gandeiros quéixanse de que en moitos casos a industria obrígalles a asinar contratos que non cobren os custes reais, e que o incremento do prezo do leite cobrado de máis no 2022 non compensa a suba de custes derivado do conflito de Ucraína.

    Outro sector no que non se cumpre a lei é o cítrico. Uns produtores de Valencia hai un mes denunciaron que por un quilo de laranxas reciben entre 6 e 15 céntimos de euros, cando cústalles producilos entre 25 e 30 céntimos; sendo oito veces maior o prezo que acaba pagando o consumidor no supermercado. A máis queixábanse da persistencia de malas prácticas como o redondeo, os despidos inxustificados, os corretaxes ou as novacións unilaterais do contrato.

    Pola súa banda, a Unión de Pequeños Agricultores y Ganaderos denunciou que a forte subida do prezo do polo que pagan os consumidores, un 32% máis que hai un ano, tense trasladado ao que cobran as empresas integradoras –as cales puideron compensar o aumento do prezo do penso–, pero non aos granxeiros.

    Da reforma da lei da cadea alimentaria espérase que corrixa estes problemas, aínda que como a todas as leis, hai que darlle tempo. Segundo unha representante da Agencia de Información y Control Alimentarios, aínda falta por aplicar a ferramenta máis disuasoria para as empresas incumpridoras: a de facer públicas as sancións. Por isto anima a denunciar os abusos e a achegar probas para investigar e, no seu caso, aplicar sancións que poden chegar ata un millón de euros.

    Eliminar as prácticas abusivas, ademais de xerar un reparto equilibrado dos custos da cada eslavón da cadea, beneficiará tamén –e moito– aos consumidores.

    25 jun 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito