Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Volta ao pasado

    ...E vostedes lémbranse daquel que dicía: “a min tanto me da que suba a gasolina ou non, total sempre lle boto mil pesetas”. Moitos cidadáns pensan o mesmo da OTAN, tanto lles ten que se arme ou que se desarme... E son capaces de afirmar, e así o creen, que eles están pola paz, cando OTAN e paz son ideas contrapostas.

    A OTAN é unha maquinaria
    de guerra. Leva, desde a súa
    creación, saltándose mesmo os seus estatutos pois só podería actuar no Atlántico Norte, montando guerras por todo o mundo, para defender os intereses do EE.UU. e das multinacionais. Nunca respectaron a soberanía dos países, comezando polo Estado Español ou Portugal, nin os dereitos humanos.

    Coa “reformulación da OTAN” que aprobaron esta semana en Madrid, logo de forzar o enfron-tamento ruso con Ucraína, abandona estatutariamente o espazo do Atlántico Norte e pon as mi-ras noutros países como Israel, pero tamén os africanos e, al-gúns suramericanos, e, aínda
    Xapón ou Corea.

    Unha idea sobrancea todo o seu novo ideario: tratar de defender o mundo unipolar americano, o imperio en decadencia, ante a inminencia da súa perda de liderado. Por iso incentivaron a guerra con Rusía e, por iso, afirman que o principal perigo é China pois “desafía os nosos intereses e valores”. Así de claro.

    E cando o Estado español lle dedique o 2% do orzamento ao gasto militar, a vostedes que lles importa? Total será catro veces máis do orzamentado para Educación! E de onde van sacar ese diñeiro? Dígollelo eu: das parti-das sociais.

    Porque, pénseno ben, a OTAN non pretende impoñer, unicamente, as políticas militares, as estratexias da política exterior dos estados, senón, de maneira decisiva, as políticas de comercio exterior: a quen mercarlle e a que prezos. Deste xeito, as políticas interiores dos estados tamén estarán condicionadas en beneficio do sector armamentístico americano pero aínda máis do enerxético e, mesmo, do sector primario...

    Pero vostedes tranquilos, que máis lles da o que faga a OTAN!

    ...E aquí a guerra?

    02 jul 2022 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.