El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » La Quinta

LA QUINTA

REDACCIÓN

Adeus a unha magnífica mostra

12.10.2018 
A- A+

CIDADE DA CULTURA Todo un acerto. A exposición Galicia Universal. A arte galega nas coleccións de Abanca e Afundación foi un completo e absoluto éxito de visitantes no tempo que estivo aberta ao público no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, máis concretamente desde o pasado 16 de marzo. Máis de 30.000 persoas pasaron polas dúas plantas que acolleron a selecta escolma de 192 obras únicas dos mellores artistas galegos máis relevantes dos últimos 150 anos; pinturas e esculturas que forman parte da exquisita colección corporativa de Abanca e Afundación. A exposición constituíu unha oportunidade única, moi ben aproveitada por tantos miles de galegos, para achegarse un pouco máis aos traballos máis emblemáticos da plástica da comunidade dos dous últimos séculos. Lugrís, Lloréns, Colmeiro, a inconmensurable Maruja Mallo, Granell, Lamazares ou Leiro son só algúns dos relevantes nomes que compuxeron esta mostra. Pero mellor aínda que o propio éxito de Galicia Universal, foi a divulgación que da arte da nosa comunidade autónoma realizouse entre máis de 4.000 escolares de toda Galicia. Qué gran acerto.