El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Opinión » La Quinta

LA QUINTA

REDACCIÓN

No labirinto do nacionalismo

22.07.2019 
A- A+

DEBATE Desde a súa asemblea fundacional na Coruña e durante tres longas décadas, o BNG consolidouse como o gran referente para o nacionalismo de esquerdas. Con Xosé Manuel Beiras como líder foi aglutinando ás distintas sensibilidades ao redor dun proxecto que foi crecendo no social e no político. A convocatoria do Día da Patria, o 25 de xullo en Compostela, converteuse nunha manifestación de forza con miles de persoas enchendo as rúas. E nas urnas o incremento de apoios seguiu camiño paralelo: levouno a ser a voz que defendía os intereses da comunidade no Congreso dos Deputados, deu o sorpasso ao PSdeG e ata chegou a tocar Goberno co Bipartito.

Pero a finais de xaneiro de 2012 todo saltou polos aires. Beiras, outra vez él, cumpriu coa súa ameaza e, á fronte do Encontro Irmandiño, corrente crítica coa oficialista UPG, oficializó a súa saída para crear Anova, alicerce sobre o que naceu AGE e, posteriormente, En Marea. Pera xa nada volveu ser o mesmo. Nin no político nin no social. Perda de apoios ata o extremo de que nesta lexislatura a cota no Congreso dos Deputados repousa en Podemos. E evidénciase a división que existe: uns por unha banda, algúns por outra e o resto diseminados. Segue o BNG levando a facho pero cada vez ilumina menos. Pese ós esforzos de Ana Pontón.