Melide celebra a súa festa máis doce e especial

Os melindres, ricos e amendoados serán o centro gastronómico da cita» Haberá un showcooking e obradoiros

Pola esquerda, Xosé Igrexas, José Manuel Pérez e Alberto Rodríguez durante a presentación da festa no Fórum Gastronómico de A Coruña

Pola esquerda, Xosé Igrexas, José Manuel Pérez e Alberto Rodríguez durante a presentación da festa no Fórum Gastronómico de A Coruña / CEDIDA

B.C.

A vila de Melide xa está preparada para celebrar a súa festa máis importante e máis doce, que terá aos melindres, ricos e amendoados como grandes protagonistas xunto a moitas outras actividades. A Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional celebrarase entre o 11 e 12 de maio e arrancará ás 11.00 horas coa Feira de Artesanía no Cantón de San Roque e co Espazo Melindre, na praza e rúa do Convento.

   | // CEDIDA

Gorka Rodríguez, chef e propietario da Pulpeira de Melide / CEDIDA

Sábado

Mañá as rúas estarán animadas pola charanga Alambique e os máis pequenos desfrutarán de obradoiros. Un deles será un curso infantil de pintura de mandís, a cargo de Leonor Díaz, unha artesá que crea pezas coas mans inspiradas na natureza de Galicia. A súa pequena empresa, Como pez en el agua, ofrece agasallos únicos.

Na praza do convento non faltará tampouco, ás 20.00 horas, un showcooking de man de Gorka Rodríguez, chef e propietario da Pulpeira de Melide. É a cuarta xeración dunha saga de pulpeiros iniciada hai case cen anos polo seu avó arrieiro e a súa avoa, panadeira en Melide. Foi Cociñeiro do ano 2015 de Galicia e está formado en distintos restaurantes recoñecidos a nivel mundial. Gorka estará acompañado de Pablo Pizarro, de La empanada viajera, e contará coa música en directo da cantautora MJ Pérez. Para degustalo todo, a bebida será auga Cabreiroá e Estrella Galicia 00 tostada 6 maltas, aportadas por Estrella Galicia, empresa colaboradora desta actividade.

Domingo

A xornada arrancará coa apertura da Feira de Artesanía de Galicia e as rúas estarán animadas na xornada dominical polos grupos Froito Novo e Fanfarria Takikardia. Ademais nomearanse aos embaixadores, que neste 2024 son o mestre e pedagogo Paco Veiga e o Museo Terra de Melide, institución que garda a memoria histórica e cultural da vila.

Os adultos desfrutarán nesta segunda xornada do concerto de Luar na Lubre, o coñecido grupo de música folk nado no ano 86 naCoruña, e os máis pequenos da actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona, unha agrupación que recolle os clásicos populares galegos dándolles sempre o seu toque particular.

LE AQUI O ESPECIAL EN PDF DAS FESTAS DO MELINDRE DE MELIDE 2024

LE AQUI O ESPECIAL EN PDF DAS FESTAS DO MELINDRE DE MELIDE 2024

LE AQUI O ESPECIAL EN PDF DAS FESTAS DO MELINDRE DE MELIDE 2024