Troitas, música e pesca nas festas de Oroso

A Festa da Troita celébrase do 10 ao 12 deste mes » Os alumnos do IES de Oroso dan o pregón

Un momento da Festa da Troita dunha edición anterior

Un momento da Festa da Troita dunha edición anterior / ECG

B.C.

Oroso celebra a súa vixésimosexta edición da Festa da Troita, que se celebrará en Sigüeiro dende hoxe e ata o domingo 12. Unha vez máis a gran protagonista será a gastronomía, e as troitas conformarán o prato principal. O menú poderase degustar de balde na alameda de Gois. A pesar de que se trata dunha festa con base gastronómica, paralelamente terán lugar actividades de diversa índole.

Os ríos do entorno de Sigüeiro acollerán acelebración mañá do campionato de pesca de adultos, e o domingo serán os nenos e nenas os que compitan.

Non faltará tampouco a feira de artesanía, así como xogos de habilidade para os máis pequenos, que terán lugar mañá na Praza do Concello. Desenvolveranse asemade actividades de lóxica e farase un obradoiro o domingo.

Un ano máis, a música cobrará gran protagonismo. Hoxe inaugúrase o festival Oroso en Vivo, coas actuacións do grupo Origen e a orquestra Kubo. Xa mañá actuará o grupo de Tania Veiras e a orquestra Olympus. Finalmente o domingo, a sesión vermú na alameda de Gois terá como protagonista ao grupo The Voice, Néstor Peña e Santi Pulido, mentres na rúa Pablo Iglesias estará o dijey Javi Eiroa. Pola tarde, o peche da festa corresponderá a Dani Royo e a orquestra Los Satélites.

Nesta edición o pregón correrá a cargo nin máis nin menos que do alumnado do IES Oroso, polo que o arranque das festas correrá da man dos máis novos do concello.

O folclore tamén estará moi presente no festexo, que contará cos grupos Lembranzas do Tambre e Néboas do Cumio mañá (actuacións que se verán complementadas coa Banda de Música de Arca)e de Buxos Verdes e Argalleiros o domingo, xornada na que animará as rúas de Sigüeiro a charanga Kilómetro Cero de Lalín.

LE AQUI O ESPECIAL EN PDF DA FESTA DA TROITA DE OROSO 2024

LE AQUI O ESPECIAL EN PDF DA FESTA DA TROITA DE OROSO 2024

LE AQUI O ESPECIAL EN PDF DA FESTA DA TROITA DE OROSO 2024