Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Trazo, desconexión total na ‘porta norte’ de Santiago

O concello conta en Chaián cunha das mellores áreas recreativas fluviais da Coruña

Río Tambre este lunes a su paso por Chaián (Trazo)

Río Tambre este lunes a su paso por Chaián (Trazo) / ECG

Redacción

Trazo

Pegado á capital de Galicia, da que é a súa porta norte, o concello de Trazo eríxese como un dos destinos máis descoñecidos pero máis atractivos. Co seu carácter rural, o seu patrimonio oculto e a súa contorna privilexiada, Trazo convértese nunha opción perfecta para a desconexión nestes festivos, aínda que sexa para unha escapada dun día.

ESPECIAL SEMANA SANTA 2025

ESPECIAL SEMANA SANTA 2025

ESPECIAL SEMANA SANTA 2025

Precisamente para fuxir do estrés do día a día destaca unha das zonas fluviais máis afamadas da Coruña: a área recreativa de Chaián, que leva o nome da parroquia de Trazo á que pertence. Ata aquí acoden cada ano multitude de persoas que meredan ou mesmo se bañan nas augas do Tambre, entre carballos centenarios. Ademais, este ano xa está aberto un local hostaleiro en Chaián, na área fluvial.

Pero Trazo é tamén territorio de fervenzas agochadas, camiños antigos e aldeas con historia. A ruta da Fervenza das Hortas, por exemplo, é un dos máis recomendados para amantes da natureza, así como a do Tambre e Pedra, ao son do río. E para os amentes do patrimonio, convén unha ruta de igrexas parroquiais, entre as que destaca sobre todo a de Santa María de Restande.

Tracking Pixel Contents