Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Retratos con nome de muller en Trazo

A exposición «Nós somos elas» recolle fotos do Arquivo Fotográfico Vidal

Unha das fotografías da exposición «Nós somos elas». |  Cedida

Unha das fotografías da exposición «Nós somos elas». | Cedida

REDACCIÓN

Santiago

Unha nai cun neno no colo, unha muller entre redes, unha mirada directa á cámara desde unha cociña ou un obradoiro. A exposición «Nós somos elas», que vén de inaugurarse na Casa Amarela de Trazo, ofrece 24 retratos que recuperan a presenza das mulleres na historia cotiá, tanto no ámbito familiar como no laboral. A mostra poderá visitarse de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

As fotografías pertencen ao Arquivo Fotográfico Vidal, parte da colección permanente do Museo do Mar de Laxe, e levan a sinatura do histórico fotógrafo José María Vidal, quen tamén redactou os textos que acompañan cada imaxe, establecendo un diálogo íntimo entre palabra e retrato.

ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2025

ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2025

ESPECIAL DÍA DE GALICIA 2025

A exposición, organizada polo Concello de Trazo coa colaboración da Área de Igualdade da Deputación da Coruña, busca visibilizar e recoñecer o papel das mulleres ao longo da historia, devolvéndolles o espazo que lles corresponde na memoria colectiva.

Tracking Pixel Contents