Creatividade, maxia e moitas sorpresas no Nadal de Touro
O 26 de decembro os nenos poderán mandar as súas cartas de desexos aos Reis Magos

Creatividade, maxia e moitas sorpresas no Nadal de Touro | CEDIDA
Os veciños de Touro gozan do Nadal cunha animada programación deseñada polo Concello con música, espectáculos e variadas actividades para a cativada e os maiores. E a maxia desta agardada celebración seguirá latindo ata o 5 de xaneiro.
A programación comezou por todo o alto con Papá Noel chegando por sorpresa á carpa situada no campo da festa de Fonte Díaz para animar o ambiente co espectáculo Moto Papi, unha troula con Noel. Esa mesma tarde, saboreouse a esencia destas datas cunha chocolatada e o querido barbudo recibiu os nenos e nenas de Touro.
Nestas datas tamén hai oco para a creatividade. Por iso os días 13 e 20 de decembro desenvolveuse na Casa da Cultura un animado curso de arte floral cuxas participantes tiveron a oportunidade de poder conservar as fermosas creacións que elaboraron.
O día 23, o Apalpador decidiu baixar dos montes para presentarse fronte a cativada na biblioteca municipal. Alí lles contou onde vive, como sabe se a rapazada se porta ben e que outros superpoderes ten.
Os reis da casa volverán encher o campo da festa de Fonte Díaz o 26 de decembro para depositar as cartas coa lista de agasallos que máis desexan para o 6 de xaneiro. Xoguetes, detalles, roupa, experiencias… Gaspar, Melchor e Baltasar terán que revisar ben as súas peticións para premiar como merecen os que se portaron ben.

ESPECIAL NADAL 2025
ESPECIAL NADAL 2025Gran Festa de Fin de Ano
O martes 30 de decembro, a partir das 17.00 horas, terá lugar na mesma carpa a Gran Festa de Fin de Ano, cunha tarde de música, xogos, baile, cotillón, badaladas e fotomatón, pensada para despedir o ano en familia e con moita alegría.
Xa no 5 de xaneiro, os Reis Magos percorrerán as parroquias a partir das 10.30 horas e, a partir das 17.00 horas, recibirán a cativada na carpa do campo da festa de Fonte Díaz. A tarde inclúe a actuación do mago Cayetano Lledó, recepción real, rosca e chocolatada, completando unha xornada máxica que lle poñerá o broche de ouro ao Nadal en Touro.
- Un famoso compostelano, la viuda de Camilo José Cela y una atleta gallega, participantes de la nueva gran apuesta de RTVE
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- El rechazo de los conductores de Santiago a los nuevos radares: 'Son recaudatorios al 100%
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Tormentas, granizo, nieve y vientos de intensidad huracanada: lo peor del temporal llega a Galicia
- Oleada de robos: 'Queda la luz encendida para que parezca que hay gente en casa
- Nuevo corte de tráfico en Santiago: una céntrica calle del Ensanche estará cerrada este sábado