Melide abraza a cultura polo Nadal con música e teatro
O día 27 o centro sociocultural acollerá unha sesión de maxia e o 28, concerto de Fin de Ano

Melide abraza a cultura polo Nadal con música e teatro | CEDIDA
O Concello de Melide vive con intensidade o Nadal, brindándolle á veciñanza unha completa programación con novidades, tradición e cultura para todas as idades como piares fundamentais, e na que a colaboración co tecido asociativo municipal da vila resulta esencial.
O Centro Sociocultural Mingos de Pita é un dos escenarios principais melidenses nestas datas, pois este espazo acolleu xa un dos actos principais do programa, a obra teatral As Desterradas, do recoñecido Quico Cadaval. Esta representación conta a emocionante historia dunha pequena comunidade de monxas residentes na beira do Miño que no século XVI viuse ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Xa o sábado 27, o mago Marcos Waldemar encherá de fantasía o recinto co seu espectáculo máis persoal: Inherente.
A cultura seguirá presente no centro sociocultural co Concerto de Fin de Ano da Orquestra Clásica de Vigo o 28 de decembro, no que a formación orquestral máis antiga de Galicia achegará a mellor música sinfónica a maiores e pequenos. Esa mesma xornada completarase cun baile de fin de ano con Suso de Boente no Centro Social.
O martes 30 chegará de novo ao Centro Sociocultural Mingos de Pita o teatro de monicreques De Vilatriste a Vilalegre, unha función dirixida ao público familiar que terá lugar ás 17.30 horas.
O deporte tamén estará presente en Melide nestas datas. O último día do ano a actividade trasladarase ás rúas coa celebración dunha nova edición da Carreira San Silvestre Melidense, con saída desde a praza do Convento e categorías para todas as idades. Xa no 2026, o 2 de xaneiro a Biblioteca Municipal Xosé Vázquez Pintor acollerá o contacontos teatralizado Rosa e Azul, unha proposta para nenos e nenas a partir de tres anos que combina narración e interpretación escénica; e o sábado 3 de xaneiro terá lugar un novo baile no centro social, nesta ocasión coa actuación do Trío Son Remolino.
O 5 de xaneiro chegará un dos momentos máis agardados pola cativada: a Cabalgata de Reis, que culminará coa recepción real no Belén Vivente, organizado coa colaboración da Asociación Cultural Charamela.

ESPECIAL NADAL 2025
ESPECIAL NADAL 2025Durante todo este período festeiro, Melide ofrece tamén dúas exposicións de especial relevancia cultural: a Exposición de Beléns nacionais e internacionais, na Capela de San Antón ata o 6 de xaneiro, e a mostra Castelao De Sempre en Galiza ao Consello de Galiza 1934-1944, que pode visitarse na Casa do Concello ata o 8 de xaneiro. Esta proposta percorre cronoloxicamente a actividade política e literaria do emblemático escritor cando asina os seus primeiros artigos no desterro estremeño, ata o ano da publicación da primeira edición de Sempre en Galiza e da fundación do Consello de Galiza, do que foi primeiro presidente.
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- Fray Tomás, párroco de Conxo: «No quiero acostumbrarme al deterioro del templo»
- El Grupo Pérez Rumbao abre el nuevo concesionario oficial Volkswagen en Santiago
- El final de una bonita historia: la joven que buscaba a una pareja de ancianos de Santiago localiza a su hija
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro