O teatro máis máxico recala en Arzúa este Nadal
A obra ‘Bernarda’, da compañía Malasombra Producións, chega á Casa da Cultura o día 28

O Apalpador visitou a Galiña Azul e o CEIP de Arzúa. | CEDIDA
Despois da celebración de AstroGalicia, tamén coñecida como festa das estrelas, o Concello de Arzúa pasa de ser o punto de referencia galego en divulgación científica a transformarse na capital do Nadal, ofrecendo un variado programa centrado nos espectáculos e na cultura en practicamente todas as súas formas posibles
Tras os primeiros días de celebración, a actividade intensificouse a partir do 23 de decembro coa actuación do Coro Gospel Soulful Voices na Casa da Cultura, unha cita musical que lle deu paso a varias xornadas nas que a cultura e o lecer compartirán espazo no calendario do Nadal arzuán.
O xoves 26 de decembro será unha das datas máis destacadas da programación. Pola mañá, ás 12.00 horas, inaugúrase na Capela da Madanela a exposición Cicatriz, de Elena Velasco e Iria Blanco, que poderá visitarse ata o 15 de xaneiro en horario de tarde. Ese mesmo día, pola tarde, a maxia será protagonista coa actuación do Mago Paco e o seu espectáculo A Maxia do Nadal, que terá lugar ás 18.00 horas na Casa da Cultura, pensado para sorprender a cativada e ao público familiar.
A programación continuará o sábado 28 de decembro coa representación, tamén na Casa da Cultura, da obra Bernarda, da compañía Malasombra Producións, unha adaptación libre de La casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca. A obra, que foi galardoada como mellor espectáculo nos XXIV Premios María Casares, explora a memoria da ditadura franquista e o papel da muller. Ao día seguinte, o 29 de decembro, a música tradicional volverá ocupar o escenario coa actuación da emblemática Rondalla Moraima, que neste 2025 celebrou o seu 25 aniversario.
Xa no novo ano, o xoves 2 de xaneiro, a Casa de Correos acollerá unha xornada de xogos de mesa en galego, dirixida a toda a familia, que se desenvolverá entre as 17.00 e as 19.00 horas, fomentando o lecer compartido e o uso da lingua nun ambiente lúdico.

ESPECIAL NADAL 2025
ESPECIAL NADAL 2025A programación festeira pecharase o domingo 5 de xaneiro coa esperada Cabalgata de Reis, que percorrerá a vila desde a Casa da Cultura ata o Multiusos Terra do Queixo. A saída da comitiva está prevista para as 17.30 horas e contará con animación, agasallos e sorpresas para facer as delicias dos presentes, rematando coa recepción das nenas e nenos por parte das Súas Maxestades, nunha tarde pensada para manter viva a ilusión na véspera dun dos días máis máxicos do ano.
- Chisco Lema, veterinario experto en lobo: 'Hay manadas especializadas en cazar perros
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Accidente múltiple en la AP-9 a la altura de San Lázaro: uno de los heridos, hospitalizado en la UCI
- Batería de accidentes con heridos por el granizo: tres en la autovía de Brión y dos en Padrón
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Otra huelga de buses sin servicios mínimos: 'Se pasa a indefinida haberá días que haxa nenos que non poidan ir a clase”
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?