Frades premiará a decoración máis creativa do Nadal
Os campamentos municipais garanten a diversión da rapazada ata o 7 de xaneiro

A Carteira Real visitou os rapaces das escolas do municipio. | CEDIDA
O Concello de Frades deu comezo á súa programación de Nadal o 16 de decembro coas tradicionais visitas da Carteira Real ao CPI de Ponte Carreira e de Papá Noel ás Casas Niño e ás Casas do Maior. Desta maneira, o municipio adentrase nunha época de felicidade e fantasía que achega novidades con respecto doutros anos para o desfrute da veciñanza, como a organización dun Concurso de Decoración de Nadal aberto a todas as vivendas e negocios da localidade.

Frades premiará a decoración máis creativa do Nadal
Os veciños e veciñas que desexen participar neste concurso deberán presentar as súas propostas entre hoxe e o 31 de decembro, ben enviando un vídeo ben remitindo catro fotografías da decoración exterior da vivenda ou negocio ao mail biblioteca.municipal@frades.gal. Entre os participantes entregaranse cestas de produtos de Nadal.
Por outra banda, o pasado 22 de decembro arrancaron os Campamentos Municipais de Nadal, unha iniciativa de conciliación familiar que se desenvolverá ata o 7 de xaneiro, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Dirixido a nenos e nenas de 3 a 16 anos, terá lugar no centro sociocomunitario de Ponte Carreira, onde haberá xogos, obradoiros, contacontos e moitas sorpresas de Nadal.

ESPECIAL NADAL 2025
ESPECIAL NADAL 2025‘Saaabor de Nadal’
Cabe destacar que o propio 22 de decembro tivo lugar unha das actividades centrais do Nadal fradense, cunha festa especial no edificio Multiusos na que estivo presente Papá Noel, desenvolvéronse distintos obradoiros e os artistas Fran Rei e Félix Rodríguez interpretaron a súa representación Saaabor de Nadal.
Xa con vistas á fin de semana, o 28 de decembro, ás 19:00 horas, o centro sociocomunitario acollerá outra das novidades desta edición: a Festa Pre Fin de Ano. Unha tarde de baile con dúo musical en directo, festa prebadaladas e chocolatada de balde. E o 30 de decembro terá lugar a tradicional excursión a Xuvenlugo, con saída ás 15.00 horas da Casa do Concello. O prezo é de 10 euros e inclúe visita ao parque de ocio infantil e xuvenil con ludotecas, inchables, touro mecánico, obradoiros, xogos xigantes, minigolf, atraccións, rocódromo, pistas de slot…
Finalmente, Frades pechará esta época tan querida do ano o luns 5 de xaneiro coa súa tradicional Cabalgata. Gaspar, Melchor e Baltasar iniciarán o seu percorrido polas rúas de Ponte Carreira con destino ao polideportivo municipal, onde a partir das 17.00 horas terá lugar unha gran Festa de Reis con recepción das Súas Maxestades, inchables, animación, baile, xogos, obradoiros, mascotas, reparto de lambonadas e chocolate con rosca para todas as persoas asistentes.
- La inminente apertura de la A-54 convierte Lavacolla en aeropuerto central del Bierzo
- Galicia se congela con el aire polar: un nuevo frente de frío, nieve y granizo llega para comenzar la semana
- Los sindicatos del transporte solicitan reunirse con la patronal: «Agardamos unha proposta seria»
- La transformación del conector central de Santiago: 22 equipos presentan sus propuestas y solo 5 pasarán a la final
- Impresionante chalet de obra nueva a las puertas de Santiago: diseño, eficiencia y naturaleza en un entorno privilegiado
- Polémica en Santa Marta por una obra autorizada junto a un hórreo centenario: «Estamos co medo de que se nos veña todo abaixo»
- Herida una joven al chocar contra un muro y otro coche en Boqueixón
- La periodista estrella de TVE visita Santiago: Silvia Intxaurrondo llega invitada por la Fundación Araguaney