Ordes despide o ano con música, festa e deporte
A programación está pensada para vivir estas datas en familia

Felicitación da Alcaldía de Ordes / CEDIDA
O Nadal en Ordes preséntase este ano cunha programación pensada para vivir estas datas en familia, na que se combinan grandes festas infantís, espectáculos teatrais e de maxia, música, tradicións populares e deporte.
Este martes 24 de decembro, Papá Noel percorrerá as rúas de Ordes, levando a ilusión do Nadal á cativada. Xa o 26 de decembro chegarán as risas, ás 18.00 horas, coa actuación de Fran Rei e o seu espectáculo Superheroe, unha comedia chea de maxia na que un personaxe moi peculiar tenta salvar o mundo mentres concilia a súa vida familiar. Ao día seguinte, o 27, a música será protagonista co tradicional Concerto de Nadal da Banda de Música de Ordes, previsto para as 20.00 horas, unha das citas máis agardadas pola veciñanza.
O teatro familiar continuará o domingo 29 de decembro, ás 18.00 horas, coa representación de O poder de Amabel, da compañía Pérez & Fernández, un espectáculo de monicreques que narra a historia dunha rapaza á procura do seu superpoder nunha familia moi singular. A maxia volverá ao escenario o 30 de decembro, desde as 18.00 horas, da man de Joshua Kenneth.
O deporte e a festa marcarán a despedida do ano. O 31 de decembro, ás 12.00 horas, celebrarase unha nova edición da Carreira de San Silvestre, con saída desde a rúa Entre Parques. Ademais, a alameda de Ordes acollerá de 13.00 a 19.00 horas unha gran celebración de Fin de Ano, con música en directo a cargo de Los Alcántara e Disco CDC, coa participación especial do DJ Rafa Astray. A cativada terá as súas propias badaladas infantís ás 17.00 horas.

ESPECIAL NADAL 2025
ESPECIAL NADAL 2025Aninovo
Co inicio do novo ano, o 2 de xaneiro, ás 18.00 horas, Teatro Ghazafellos presentará Iriña Bailarina, unha peza infantil que reflexiona sobre a igualdade de xénero e o cambio de roles a través dunha historia chea de personaxes e aventuras. A programación pecharase o 5 de xaneiro coa esperada Cabalgata de Reis, na que Melchor, Gaspar e Baltasar encherán as rúas de Ordes de cor, música, emoción e agasallos.
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Paro total de los buses urbanos en Santiago: la quinta jornada de huelga comienza sin servicios mínimos
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
- Santiago contará con dous novos radares: un estable no Restollal e un novo no túnel do Hórreo
- Santiago se rendirá a la magia de 'Reinventio' el 17 de enero: así puedes conseguir invitaciones
- Lavacolla se pone en obras: cuenta atrás para el cierre total del aeropuerto de Santiago