Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FITUR 2026

Arzúa, capital do sendeirismo e punto clave do Camiño

Espazos verdes como a fervenza das Hortas ou o encoro de Portomouros son ideais para conectar coa natureza

Fervenza das Hortas

Fervenza das Hortas / ECG

Santiago

Situado nun punto clave do Camiño Francés, nunha das últimas paradas antes da chegada á capital, Arzúa é un municipio onde a boa gastronomía e a riqueza cultural converxen nunha contorna na que a natureza respira en cada recuncho. Así, nesta edición de Fitur, o concello aproveitará a súa presenza este venres para darse máis coñecer como destino verde.

A inxente cantidade de peregrinos que pasea cada mes polas súas rúas para completar o Camiño pode ser testigo express dos diversos atractivos que ofrece aos seus visitantes. Con todo, o gran potencial turístico de Arzúa da pé a que os visitantes opten por retornar para gozar en profundidade do que se perderon.

Asombrosos espazos naturais como a fervenza das Hortas, o encoro de Portomouros ou a praia fluvial de Ribadiso son só algunhas das súas diversas paisaxes cuxa beleza escénica non ten límite.

Estos lugares son perfectos para coñecer a través das diferentes rutas de sendeirismo (ou en bicicleta) que se poden completar no municipio, onde os camiños naturais, a coidada biodiversidade e a rica fauna e flora autóctona que conteñen escenarios como o paseo de Carballos da Mota, o castro Curbín ou o antigo moliño dos Agra, que garantizan unha experiencia idónea para os que busquen darse un respiro rodeado da natureza.

ESPECIAL FITUR 2026

ESPECIAL FITUR 2026

ESPECIAL FITUR 2026

Gastronomía local

Por outra banda, tamén enxalzaron o potencial turístico dunha das citas gastronómicas máis grandes de Galicia que se acolle en Arzúa, a Festa do Queixo, que celebrará a súa 51ª edición os días 27, 28 de febreiro e 1 de marzo. Elaboración artesanal, gandeiría, expresións artísticas e de vangarda, propostas de música urbana e concertos en directo converxen nesta cita para convertila nunha das obligacións a visitar de todo viaxeiro.

Tracking Pixel Contents