Fitur 2026
Trazo, un recuncho secreto ideal para gozar en familia
O concello de Trazo participou en Fitur dentro da promoción do xeodestino turístico da comarca de Ordes, dando a coñecer un territorio que destaca pola súa natureza, o seu patrimonio e a tranquilidade do medio rural.

A alcaldesa de Trazo, Fina Suárez, cuarta pola esquerda / ECG
O O concello de Trazo participou en Fitur dentro da promoción do xeodestino turístico da comarca de Ordes, dando a coñecer un territorio que destaca pola súa natureza, o seu patrimonio e a tranquilidade do medio rural.
Neste senso, destacou algúns dos principais atractivos turísticos do municipio, como a Área Recreativa de Chaián, situada á beira do río Tambre. Este é un espazo natural rodeado de carballos e castiñeiros, cunha gran vexetación de ribeira e idóneo para axendar plans familiares ou pescar. O lugar conta tamén con pequenas illas unidas por pontes de madeira e cunha praia fluvial apta para o baño, o que o converte nun enclave ideal para o lecer.
Moi preto desta área atópase a Ponte Albar, unha infraestrurtura histórica de cantería con cinco arcos de medio punto e tajamares en ambos os sentidos da corrente. Aínda que foi ampliada para adaptarse ás necesidades actuais do tráfico, conserva o seu valor patrimonial e é un espazo seguro para os peóns, ademais de formar un recuncho de gran beleza paisaxística.

ESPECIAL FITUR 2026
ESPECIAL FITUR 2026O río Tambre, que marca o límite municipal con Santiago, é outro dos grandes protagonistas do territorio. Os seus fermosos paraxes e os bosques de ribeira que o acompañan están protexidos como Lugar de Interese Comunitario dentro da Rede Natura 2000, debido ao seu alto valor ecolóxico. Nas súas marxes existen áreas recreativas e zonas habilitadas para a pesca deportiva, unha actividade moi tradicional en Trazo.
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
- Estos son todos los cortes de tráfico por el desfile de Carnaval de este martes en Santiago
- Un restaurante de Santiago conquista la alta cocina y suma su primer Tres Soles Repsol: 'Ha construido un universo propio
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- La autora de la novela de la que todo el mundo habla viene a Santiago esta semana
- Los residentes rechazan el sentido único en la rúa do Rego para evitar rodear O Milladoiro