Festa do Queixo de Arzúa
Toldos Gómez dase a man coa Festa do Queixo de Arzúa
A firma amplía o seu acordo como colaboradora da cita gastronómica, na que este ano dará apoio loxístico e se ocupará da sinalización

Esteban Raposo, director xerente de Toldos Gómez, co alcalde de Arzúa. | CEDIDA
A empresa Toldos Gómez repite e reforza o seu compromiso como entidade colaboradora oficial da Festa do Queixo de Arzúa, unhas das citas gastronómicas máis destacadas do panorama galego que congrega milleiros de visitantes ano tras ano e precisa da colaboración de parte do tecido empresarial local para superar as expectativas de cada edición.

Unha das instalacións realizadas pola empresa. | CEDIDA
Deste modo, a firma de fabricación e montaxe de toldos con sede central en Arzúa acordou renovar e ampliar o seu patrocinio co festexo. Esta decisión non só significa a continuidade do seu apoio, senón unha ampliación notable das achegas, tanto a nivel económico como en servizos e accións directas que melloran a experiencia da festa e a súa visibilidade.
Así, a entidade consolida a súa implicación cun proxecto que mestura tradición, identidade, música, gastronomía e proxección de futuro.
«Emociónanos ser patrocinadores da 51º Festa do Queixo de Arzúa. É a nosa forma de agradecer a esta terra o que nos brinda, reafirmando noso compromiso con Arzúa e co que nos fai únicos», resaltan dende a empresa.
A ampliación desta colaboración tradúcese nun maior apoio loxístico e estrutural durante a celebración do evento, contribuíndo a mellorar os espazos, o confort das persoas asistentes e a imaxe xeral da festa. Deste xeito, Toldos Gómez amosa o seu papel como empresa comprometida coa comunidade. Concretamente, a firma ocuparase da produción das lonas, bandeirolas e parte sinalética do evento. Unha achega fundamental para garantir a calidade visual e funcional dun evento que congrega en Arzúa a visitantes de toda Galicia.
Moito máis que toldos
Toldos Gómez avanza co lema Moito máis que toldos, unha afirmación que resume a súa ampla gama de liñas de negocio. Por un lado, ofrecen diferentes solucións para protexerse do sol: cortiñas, toldos verticais, faldóns, biombos exteriores, etc.
Así mesmo, elaboran lonas de transporte axustadas ás condicións de cada tipo de vehículo e os produtos que distribúe. Para os que busquen unha protección a maior escala, Toldos Gómez tamén se ocupa de montar carpas de aluminio ou plegables, parkings, cenadores ou pérgolas idóneas para a organización de eventos ao aire libre ou protexer os establecementos do mal tempo.
Asemade, dispoñen dunha gran variedade de lonas e toldos cubrir exploracións agrícolas gandeiras, o que permite asegurar o benestar dos cultivos, animais e maquinaria. Por outra banda, ofrecen servizos de impresión dixital e rotulación con vinilo de corte ou pintura sobre diversos soportes a gran formato.

Especial Festa do Queixo de Arzúa 2026
Especial Festa do Queixo de Arzúa 2026Aposta pola sostibilidade
Tamén destaca a aposta de Toldos Gómez como firma de fabricación sostible. Dende 2016 forman parte do Pacto Mundial de las Naciones Unidas, a maior iniciativa de responsabilidade social empresarial e sostibilidade do mundo. Esta proposta convida ás empresas a aliñar súas estratexias con dez principios universais en dereitos humanos, normas laborais, medio ambiente e loita contra a corrupción. n
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- Una spin-off finlandesa situada a 3.000 kilómetros de Santiago monta el nuevo superordenador cuántico para el Cesga: 'Será uno de los más potentes de Europa
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Galicia registra el invierno más húmedo de los últimos 25 años