Día das Letras Galegas
Placas conmemorativas para escritores célebres de Melide
O Concello homenaxeará este domingo a doce autoras e autoras colocando estes recoñecementos nas vivendas que habitaron

Algúns dos autores vinculados a Melide que serán homenaxeados con placas nas fachadas das casas nas que naceron ou residiron. / Cedida

Placas conmemorativas para escritores célebres de Melide
O Concello de Melide conmemora este mes de maio as Letras Galegas cun programa especial dedicado aos seus escritores e escritoras que naceron ou viviron na vila, así como a Begoña Caamaño (autora homenaxeada pola RAG neste 2026). A iniciativa inclúe diversas propostas culturais, escolares e divulgativas co obxectivo de achegar á veciñanza a obra e o legado da autora.
As actividades comezaron coa exposición Circe ou o pracer do azul, que poderá visitarse ata o 31 de maio na entrada da Casa do Concello. O programa continúa con varias funcións escolares no centro sociocultural Mingos de Pita, entre elas Begoña Caamaño, o transgredir das ondas, para alumnado de 4º da ESO e Bacharelato.

Especial das Letras Galegas 2026
Especial das Letras Galegas 2026Este domingo 17 de maio terá lugar un dos actos centrais da programación, O Melide das letras, coa descuberta de placas conmemorativas dedicadas a doce destacadas figuras do municipio nas súas vivendas: Eduardo Álvarez Carballido; Emilio Pereiro Quiroga e Juana Teresa Juega López; Antonio L. Taboada Roca; Manuel Taboada Roca; Amador Rodríguez Martínez; Nilo Cea Rodríguez; Rafael Taboada Vázquez; Jesús Mosteiro Raído; Xosé Manuel Rodríguez Pampín; Antonio Hermida Rodríguez; Carlos Parrado Garea; e Xosé Domingos Cidre Bastián Fuciños Gómez Mingos de Pita. A cita será ás 12.00 horas na rúa do Convento, co descubrimento simbólico da placa dedicada a Amador Rodríguez Martínez.O programa rematará o venres 22 co espectáculo de narración oral As mil e unha, de Vero Rilo e Luis Iglesias, e a charla Nomes galegos en Melide, a cargo de Soqui Cea, no Multiúsos.
- Compostela perde un dos seus activistas culturais: morre aos 52 anos Gonzalo Suárez Castro, da Unitaria
- El pueblo gallego que reparte 20.000 raciones de callos este fin de semana: ideal para recorrer a pie, con catas gratis y cine al aire libre
- El pub de Santiago donde la gente se reúne para hablar de la muerte: 'Aquí nadie te juzga ni te mira raro
- Seis policías nacionales salvan la vida a una mujer tras una brutal agresión de su pareja en una vivienda de Santiago
- Contra el abandono del monte, cachenas: «Gestionan la vegetación para evitar que el incendio sea tan virulento»
- Fallece una mujer tras ser evacuada por una indisposición en el Monte Pindo, en Carnota
- Así es el asombroso pazo a 20 minutos de Santiago en el que se rodó 'Las hijas de la criada', la serie que ya arrasa con su estreno en Antena 3
- El Gobierno avisa a la UE: no aceptará las lenguas de la ampliación hasta que gallego, catalán y euskera sean oficiales