Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

ESCAPADAS CON ENCANTO 2026

Melide marca o compás xacobeo da Galicia interior

Punto de encontro dos camiños Francés e Primitivo, atesoura un bo feixe de xoias históricas e artísticas

En Melide latexa unha profunda pegada xacobea. | CEDIDA

En Melide latexa unha profunda pegada xacobea. | CEDIDA

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Melide

Melide é unha das grandes vilas xacobeas de Galicia. Aquí conflúen o Camiño Francés e o Camiño Primitivo, convertendo o municipio nun dos puntos máis simbólicos da peregrinación a Compostela e nun destino onde historia, patrimonio e natureza camiñan da man.

Escapadas con Encanto 2026

Escapadas con Encanto 2026

Escapadas con Encanto 2026

A entrada do Camiño Francés realízase por Santa María de Leboreiro, unha das aldeas con máis encanto da ruta xacobea. A súa igrexa gótica, os restos do antigo hospital de peregrinos e o singular celeiro tradicional constitúen unha das estampas máis recoñecibles do municipio. Poucos quilómetros despois aparece Furelos, unha aldea que conserva boa parte da súa estrutura medieval e que alberga unha das pontes máis fermosas de todo o Camiño Francés.

Xa na vila de Melide, o visitante atopa un importante conxunto monumental no que destacan a capela de San Roque e o coñecido Cruceiro de Melide, considerado como o máis antigo de Galicia. Tamén sobresaen a igrexa de Sancti Spiritus, coa súa riqueza artística e os seus sepulcros góticos; o edificio da antiga Obra Pía de San Antón, actual Casa do Concello; e o Museo da Terra de Melide, instalado nun antigo hospital de peregrinos do século XV.

Entre as súas grandes xoias patrimoniais figura a igrexa de Santa María de Melide, a máxima expresión do románico melidao. A oferta turística complétase con espazos naturais como a área recreativa do río Furelos e a fermosa ruta de sendeirismo que percorre as súas marxes.

TEMAS

Tracking Pixel Contents