ESCAPADAS CON ENCANTO 2026
O Castelo de Santa María volverá arder en Arzúa
A tradicional queima da fortaleza construída pola veciñanza celebrarase na noite meiga do 23 de xuño

O Castelo de Santa María, construído pola veciñanza. | CEDIDA
Redacción
Arzúa celebrará o vindeiro 23 de xuño unha nova edición dunha das súas citas máis singulares: a tradicional queima do Castelo de Santa María, unha celebración que reunirá veciñanza, visitantes e peregrinos arredor do lume, da música e das tradicións de San Xoán.
Un dos momentos centrais será a homenaxe ás persoas peregrinas que atravesan a vila polo Camiño de Santiago. Os Cofrades de San Xoán de Santa María escollerán previamente un albergue do municipio e un dos peregrinos que chegue ese día terá a honra de prender lume ao castelo. O seu nome quedará ademais gravado no Muro dos Luceiros.

Escapadas con Encanto 2026
Escapadas con Encanto 2026A programación incluirá a recepción ao peregrino, a tradicional cea de San Xoán, o pregón da compositora e cantante arzuá MJ Pérez, unha exhibición de esgrima histórica a cargo de Arte do Combate, un serán aberto ao público e a verbena co grupo Alaska e DJ Chirimbolo.
A fortaleza, construída durante meses grazas ao traballo da veciñanza, volverá ser o símbolo dunha celebración que une tradición popular, espírito xacobeo e participación veciñal.
A concelleira de Turismo, Begoña Balado, destaca que “esta festa representa moi ben a identidade de Arzúa, porque combina o valor das nosas tradicións coa importancia que ten o Camiño de Santiago para o municipio”. A edil pon tamén en valor “o enorme traballo e a implicación dos veciños e veciñas” que fan posible a construción do castelo e manteñen viva esta tradición.
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- Las tres boyas gallegas baten en agosto sus récords históricos de temperatura más alta: «Hay especies marinas que se están desplazando hacia el norte»
- La última oportunidad del verano para ver juntas a Panorama, París de Noia y Los Satélites: a 30 minutos de Santiago y con fuegos artificiales
- Buscan en Negreira a José Manuel Baña Sieira, un vecino de Campolongo desaparecido desde este jueves
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson