ESCAPADAS CON ENCANTO 2026
Unha travesía en caiac para descubrir o Ulla en Touro
A actividade celebrarase o 11 de xullo con dúas quendas e dará prioridade ás persoas empadroadas no municipio

Participantes na travesía en caiac polo Ulla. | CEDIDA
Redacción
O Concello de Touro volverá apostar este verán polo deporte e a natureza cunha nova xornada de caiac polo río Ulla, programada para o sábado 11 de xullo. A iniciativa permitirá descubrir desde a auga unha das paisaxes máis atractivas do municipio a través dun percorrido apto para diferentes idades. A actividade contará con dúas quendas de 20 prazas cada unha, unha ás 11.00 horas e outra ás 16.00. O punto de encontro será a Ponte Remesquide, na Ribeira, mentres que a chegada está prevista na área de Souto do Barco.

Escapadas con Encanto 2026
Escapadas con Encanto 2026O prezo público establecido é de 10 euros para as persoas maiores de idade e de 5 euros para os menores. En canto á participación, os mozos e mozas de entre 13 e 17 anos poderán realizar a actividade sen acompañamento, sempre que presenten unha autorización asinada por ambos proxenitores. Pola súa banda, os menores de 13 anos deberán ir acompañados por unha persoa adulta responsable. O Concello estableceu ademais unha orde de preferencia para acceder ás prazas. En primeiro lugar poderán inscribirse as persoas empadroadas en Touro, ata o 26 de xuño; a partir do 27 de xuño abrirase o prazo para familiares directos de veciños do municipio, e desde o 4 de xullo poderán anotarse as persoas non empadroadas.
As inscricións poden realizarse a través da plataforma de reservas do Concello de Touro ou presencialmente na Casa do Concello.
- Galicia afronta un nuevo episodio de calor extremo: la Xunta activa la alerta roja por temperaturas de hasta 38 grados
- El negocio de Santiago con 136 años que se adelantó a la venta online: 'El Internet de antes eran los buses
- De rodarse muy cerca de Santiago al ‘prime time’ de Antena 3: así es la serie que revive hoy en TV la Galicia del siglo XX
- La historia de cuatro profesores que llegan con plaza a las aulas gallegas: 'As ganas superan o medo
- El coro compostelano que busca nuevas voces te espera en el IES de Sar
- Solo cinco grados de la USC en Santiago mantienen vacantes a las puertas del inicio de curso
- Así son los 1.012 docentes que se incorporan a las aulas gallegas: 32 años de media y destino en 194 municipios
- Regresa a Santiago la moda de los mercadillos de Viena con más de 800 prendas de segunda mano desde 1 euro