O Pino honra a súa raza de galo autóctona, celta e supervivente
Esta ave ten unha crianza lenta que se traduce nunha carne moi saborosa e con pouca graxa

Un exemplar de galo piñeiro. | CEDIDA
Iker Cotón
O Pino vístese de gala esta fin de semana para gozar dunhas das súas festas máis emblemáticas. Entre o sábado e o domingo celebraranse de xeito simultáneo a Festa do Galo Piñeiro e a mostra cabalar, en dúas xornadas repletas de actividades para todos os públicos.

Festa do Galo Piñeiro 2026
Festa do Galo Piñeiro 2026O protagonista da celebración é o galo piñeiro. Este animal, tan vinculado ao concello do Pino, é unha das razas aviares máis singulares de Galicia. Trátase dunha ave criada tradicionalmente nas explotacións familiares, en liberdade, alimentándose de cereais, herba, insectos e outros recursos naturais. Este sistema de cría foi o que marcou as súas características e diferenciouna doutras razas aviares máis comúns.
O galo oriúndo do Pino presenta unha apariencia elegante e inconfundible de extremo a extremo pola súa crista en noz e unha cola alongada. É considerado unha especia semipesada polo seu corpo alongado e musculoso que presenta unha plumaxe irregular. Existen exemplares negros, leonados, perdices ou con combinacións de varias cores.
Crese que foron os celtas os primeiros en introducir esta especie en Galicia, facéndoos combater en peleas de galos.
Actualmente é moi prezado polo valor gastronómico da súa carne. O bo faise esperar, xa que esta raza avícola necesita varios meses para acadar a madurez, fronte ás poucas semanas dos polos industriais. Esta crianza lenta tradúcese nunha carne máis firme, cun menor contido en graxa e de sabor máis intenso, moi axeitada para guisos e preparacións tradicionais. Foron estas características culinarias as que asociaron esta carne a celebracións familiares, Nadal ou festas patronais.
Ao bordo da desaparición
Durante a segunda metade do século XX, a chegada de razas comerciais provocou un forte descenso no número de exemplares de galo piñeiro. As aves industrais medraban antes, producían máis carne e resultaban máis rendibles económicamente, polo que moitas familiar deixaron de lado a cría deste exemplar.
A recuperación do galo piñeiro chegou grazas ao traballo de criadores particulares e asociacións que impulsaron iniciativas de conservación para evitar que esta especie autóctona desaparecese.
Unha figura decisiva para esta tarefa foi o veterinario Jesús García Rodríguez, quen no ano 1998 comezou unha investigación baseada nas testemuñas dos vecinos máis veteráns da zona. Logrou reunir exemplares das que eran coñecidas entón como ‘galiñas do país’ e creou o proxecto de recuperación desta especie xunto coa Asociación Galega para a Recuperación e Produción da Galiña Piñeira. n
- «Tengo clientes que vienen de Noia, Ordes o Padrón»: el barbero marroquí con agenda llena en O Milladoiro
- ¿Vas a ver el eclipse en Santiago? El Concello cerrará el acceso en coche a dos de los puntos más populares para contemplarlo
- No son peregrinos. Son chavales de fiesta': El Barroquista cuestiona el turismo de Santiago
- El libro gallego que ha conquistado a Pedro Sánchez: 'Una obra maravillosa
- El Concello de Santiago repartirá gratis 2026 gafas para ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Aemet despeja la gran duda del eclipse en Galicia: casi todo el cielo estará despejado salvo en una zona
- A menos de una hora de Santiago: los 5 mejores lugares para ver el eclipse total del 12 de agosto
- Más de una docena de detenidos en Muxía, entre ellos un guardia civil, tras el decomiso de 1,5 toneladas de cocaína