«A comisión fai un traballo moi difícil e sen ánimo de lucro»
Este ano supéranse cun cartel de primeiro nivel

Comisión de festas de Ordes lucindo o cartel deste ano. | CEDIDA
Iker Cotón
Ordes celebra as súas festas patronais dende este mércores 12 de agosto ata o domingo 16. Cinco días de festa cun cartel aínda mellor se cabe que as edicións anteriores, con orquestras do calibre de Panorama, París de Noia e Olympus. A música será, deste xeito, unha das grandes protagonistas dunha celebración que buscan atraer tanto veciñanza como visitantes doutros concellos.

Dous edificios decorados con murais que participaron na iniciativa DesOrdes Creativas.
A festividade está organizada pola comisión de festas en colaboración co Concello de Ordes. Ángel Blanco, concelleiro de Cultura e presidente da comisión, relata a este xornal: «No seu día eu pedinlles formar esta comisión e eles non o dubidaron. A día de hoxe estou orgulloso do equipo que temos e, sobre todo, do traballo que fan durante todo o ano sen ánimo de lucro polo pobo de Ordes. Gustaríame que a vila lles recoñecese este traballo difícil que fan, o de contentar a máis de 13.000 veciños». Un labor que, segundo explica, implica meses de preparación para conseguir un programa que estea á altura das expectativas da veciñanza. Detrás de cada actividade e de cada actuación hai un traballo que se prolonga durante boa parte do ano, coa comisión encargándose de organizar, coordinar e poñer en marcha os diferentes actos que conforman as celebracións.

«A comisión fai un traballo moi difícil e sen ánimo de lucro»
Á programación musical súmanse tamén outras actividades durante os cinco días de celebración. Entre elas, os pasarrúas con gaiteiros que están previstos para o sábado15 e o domingo 16, as actuacións do Vai de bares coas charangas BB+ e Varacuncas na noite do venres 14 ou os fogos de artificio da noite do sábado, outro dos momentos máis agardados das festas.

Festas de Ordes 2026
Festas de Ordes 2026O domingo 16 estará dedicado ao Día do Emigrante, nunha xornada marcada tamén polo reencontro de familias e veciños que regresan á vila durante o verán.
Nesta edición, as verbenas estarán amenizadas por orquestras de primeiro nivel como Panorama, París de Noia, América de Vigo e Olympus; ademáis de contar con Los Satélites, unha das agrupacións con máis historia de Galicia. O cartel músical compleméntano Origen, La Banda de Ayer, Grupo Tania Veiras e Disco Móvil CDC.
A expectativa non se limita ao ambiente festivo, senón tamén ao impacto que a celebración poida ter na economía local, xa que unha maior afluencia de visitantes beneficia directamente tanto os establecementos hostaleiros como os comercios da vila. Ademais, o programa busca manter vivo o carácter tradicional destas festas. Serán cinco días de celebración nos que Ordes volverá facer das súas rúas un punto de encontro para veciños e visitantes arredor da música e da tradición. n
- Los refugios de Jesús Cintora en Galicia: playas protegidas, miradores y atardeceres en las Rías Baixas
- Netflix ya muestra a Martiño Rivas y José Coronado en su nueva miniserie basada en una novela criminal de Arturo Pérez-Reverte
- Una intervención antidroga en Galicia destapa el negocio de la 'Banca de Dubai': más de una veintena de detenidos y 20 millones de euros localizados en activos
- Muere a los 85 años de edad Hipólito Rodríguez Visos, fundador de la emblemática empresa Mármoles del Río
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Roberto Louzán, el ganadero que cría la raza de vaca más escasa de Galicia: 'Prefiero la carne de Frieiresa a la de Rubia Gallega
- Una de las mayores orquestas de Galicia busca bailarines para la próxima temporada de verbenas: estos son los requisitos
- Cambio de tiempo en Galicia: un frente activo dejará lluvias generalizadas y un descenso de las temperaturas