Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Caso Julian Assange: a loita pola liberdade de prensa

A pesar de que os tribunais británicos rexeitaron a extradición, o veredicto acepta os argumentos da acusación o que, segundo varios expertos, constitúe unha ameaza directa ao xornalismo de investigación

Julian Assange está acusado por delitos de espionaxe ao filtrar segredos diplomáticos e militares en 2010 a través de Wikileaks, os Estados Unidos piden 175 anos de prisión segundo a Lei de Espionaxe de 1917. Os documentos filtrados permitiron mostrar unha variedade de presuntos crimes de guerra levados a cabo por militares estadounidenses entre os que se atoparían torturas ou asasinatos de civís e xornalistas en Irak e Afganistán.

Dende fai máis de ano e medio atopase detido en Reino Unido, polo que se fixo unha orde para extraditalo aos EUA e xulgalo alí. Sen embargo este 4 de Xaneiro o Tribunal Penal Nacional de Inglaterra rexeitou extraditar ao fundador de WikiLeaks, Julian Assange, aos EUA debido á fráxil saúde mental que conleva o risco de suicido. Washington manifestou a súa intención de apelar a decisión, o que alongará o proceso varios meses ou poida que anos.

Podemos dicir que os Estados Unidos non saíron perdendo demasiado co veredicto da xuíza británica Baraitser, que aseguraba que “en Reino Unido, Assange non estaría protexido polas leis de liberdade de expresión” asegurando que o dereito á liberdade de expresión non proporciona “unha discreción sen límites ao señor Assange para decidir o que vai publicar.” A maxistrada descartou, entre outras cousas, a alegación dos avogados de Assange de que os cargos na súa contra tiñan motivacións políticas e de que non tería un xuízo xusto nese país. Desta forma avala a acusación contra a liberdade de información, o que expón unha ameaza para o xornalismo de investigación. Se non fose polas condicións de saúde mental o xornalista sería extraditado. “A sentenza é unha vitoria para Assange, pero as súas implicacións para a liberdade de prensa son moito máis complicadas. O contido da sentencia é un ataque sen precedentes contra a liberdade de prensa, calculado para disuadir a xornalistas e editores de exercer os seus dereitos”, explicaba tras estudar o veredicto Jameel Jaffer, defensor de liberdade de prensa e director do Instituto Knight da Primeira Emenda na Universidade de Columbia de Nova York.

O membro da Cámara dos Comúns do Reino Unido, Jeremy Corbin, exlíder do partido laborista, demanda vía Twitter a liberdade para Assange e criticou á xustiza do seu país calificando de alarmante que a xuíza aceptase os argumentos do Goberno dos EUA que ameazan a liberdade de expresión e de publicación.

Se se consigue silenciar a todas esas voces que pretenden denunciar as causas inxustas como os crimes de guerra que acaban coa vida de inocentes ou os escándalos de corrupción, vulnerase o dereito á verdade, á información e mesmo os dereitos humanos. A cidadanía debe coñecer o que ocorre e os xornalistas de investigación poder facer o seu traballo como informadores. Mediante a denuncia é a única maneira de que estes países e as elites deixen de cometer estas brutalidades e delitos, non pode derivar nunha persecución a liberdade de prensa.

O Relator Especial da ONU sobre a Tortura, Nils Melzer, subliñou que o australiano Julian Assange está a ser perseguido por Estados Unidos por espionaxe só por exercer xornalismo de investigación mentres que o sistema británico séguelle o xogo a Estados Unidos. “Assange foi posto en confinamento total, onde non ten acceso nin á súa familia nin a visitantes, e onde está psicoloxicamente afectado, como calquera persoa en illamento prolongado. O feito de que Julian Assange estea nunha prisión de máxima seguridade, a pesar de que non é un criminal condenado e só está detido con fins preventivos, é totalmente desproporcionado, innecesario e non ten base legal” denunciou Melzer en declaracións á cadea alemá DW.

Caso Julian Assange: a loita pola liberdade de prensa

Ademais unha investigación de The New York Times revelou que Assange converteuse en obxectivo prioritario da CIA baixo o mandato de Mike Pompeo. A empresa Undercover Global S.L., con sede en Jerez de la Frontera (Cádiz), traballaba a soldo da Axencia Central de Intelixencia (CIA) ao mesmo tempo que era contratada para prover a seguridade da sede diplomática ecuatoriana en Londres onde se refuxiaba o xornalista. Colocaron micrófonos e cámaras ocultas cos que gravaron as reunións do creador de Wikileaks cos seus avogados.

Os presidentes do mundo xa comezan a posicionarse, López Obradoiro, presidente de México celebrou o luns a negativa ao pedido de extradición por parte dos Estados Unidos de Assange, e anunciou que o seu país ofreceralle asilo político. O ofrecemento de México podería afectar as relacións con EUA, xerando novas tensións co país veciño á chegada de Biden.

Este 6 de xaneiro abordarase a posibilidade de conceder a liberdade condicionada a Assange ata que se resolva a apelación. O fundador de Wikileaks segue encarcerado nunha prisión de alta seguridade de Londres, mentres se intensifica a campaña internacional para que sexa absolto dos cargos. A súa nai, Christine Assange pide, mediante unha petición de indulto impulsada por George Christensen membro do parlamento australiano, ao presidente Trump que permita regresar o seu fillo a casa tras pasar unha década nesta situación.

05 ene 2021 / 16:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.