Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Brexit afectará aos mariñeiros galegos

Serafín Pazos-Vidal, analista de política europea con 17 anos de experiencia profesional en Bruselas e autor da nova definición de “despoboamento” acordada pola Unión Europea, explica que o cambio que trae consigo a definición para Galicia é que se teña en conta o criterio demográfico como un elemento prioritario

Serafín Pazos-Vidal é responsable de Política Europea da Convención Escocesa de Autoridades Locales (COSLA) e investigador, galego natural de Redondela, é o autor da nova definición de “territorio despoboado” aprobada pola Unión Europea. Grazas a súa implicación neste acordo moitos territorios demográficamente castigados conseguirán melloras financiamento.

-Vostede é autor da nova definición de “despoboamento” acordada pola Unión Europea, que cambios trae consigo este novo criterio?

O que cambia é que simplemente antes na Unión Europea dicíase que os fondos europeos podían ser usados para cubrir o despoboamento pero á hora da verdade ao non estar definido o que era un territorio despoboado era moi complicado levalo a práctica. Como ben sabemos o que non está na lei non entra, entonces é algo tan simple como poder identificar cales son aqueles territorios que baseados en datos viables podan contar cun gran problema de reto demográfico, tendo en conta obviamente os datos oficiais da Unión Europea das provincias ou concellos que tiveran ou ben unha baixa densidade de poboación ou a pérdida de censo de poboación durante os últimos 10 anos, que serían aquelas rexións que tivesen un descenso interanual do 1% na súa poboación entre 2007 e 2017.

-Cómo beneficia isto a Galicia?

Esta decisión non vai dar máis diñeiro a Galicia, porque a nosa Comunidade Autónoma xa vai a recibir moitísimo diñeiro da UE como xa recibiu en períodos anteriores, realmente Galicia vai recibir diñeiro por fondos estructurais, tradicionais e polo Plan de Recuperación. A diferencia é que os programas operativos de Galicia, pódense usar se o estima a Xunta ou o Goberno para o chamado Plan de Recuperación, que é este fondo adicional que se acaba de acordar.

O cambio que trae consigo a definición para Galicia é que se teña en conta o criterio demográfico como un elemento prioritario, de forma que as entidades públicas prioricen estes territorios tamén a hora de xestionar os cartos que reciban dende Europa. Antes podíano ter feito pero como non está no regulamento definido pola UE é bastante máis difícil que despois a nivel doméstico ou autonómico se priorice dunha forma clara este tipo de territorios. Porque diñeiro hai e sigue habendo, xa que aínda queda unha parte por gastar dos Feder do marco 2014-2020 en Galicia. Esta tamén é unha fórmula para que a sociedade civil, concellos ou sindicatos galegos podan demandar que se teñan en conta estes territorios argumentando que a Unión Europea está dando unha base legal. Non é outra cousa que definir o problema e estructuralo, xa non vamos falar de despoboamento como algo abstracto senón como algo concreto e que se aplica a territorios concretos e que esixe función concretas.

Para poñer un caso práctico, a Deputación de Ourense acordou unha serie de medidas sobre como usar estes fondos na provincia, o que quero dicir con isto e que aparte do traballo que se fai na Unión Europea tiven o pracer de ser invitado a colaboración técnica dun programa de medidas de como investir o diñeiro da Unión Europea nese territorio, que se acordou na mesa técnica das deputacións provinciais. Agora chegou o momento político, no caso da Deputación de Ourense xa foi acordado pola xunta do goberno e eu confío que as outras deputacións fagan o mesmo.

-Cambiando de tema, como valora vostede como analista a resposta que deu a Unión Europea fronte a crise do coronavirus?

A UE, a parte dos Fondos Europeos tradicionais, acordou por primeira vez o Plan de Recuperación, algo que analistas coma min sempre fomos escépticos en que se chegase a conseguir. Esta é a primeira vez que pasa na Unión Europea a este nivel, que haxa tan grande plan e que vaia a estar financiado a base de deuda e non polos Estados Membros.

Esto que levamos 30-40 anos falando conseguiu chegar co coronavirus é algo moi importante pero tamén unha gran responsabilidade. Estámoslles dicindo aos contribuíntes finlandeses ou holandeses que accederon a que a UE se endebedase para financiar por exemplo, programas de reformas de servicios públicos en España ou modernizar os servicios sanitarios españois. Polo que é unha responsabilidade xa que este diñeiro non ven das cargas públicas de Alemania ou de Suecia senón que os cartos veñen das deudas ca que todos os europeos nos comprometemos.

No aspecto de compras de productos sanitarios para a COVID-19, tanto material médico como agora a vacina, tamén se demostra o valor da Unión Europea. No caso español houbo na primavera unha dramatización do que se estaba facendo na UE, porque a xente estaba un pouco obsesionada con que a Unión Europea debía dar solucións rápidas para os problemas españois, pero realmente require duns procesos e aínda así en poucos meses logrou avanzar moito e aportar solucións. O problema é que a Unión Europea segue sendo unha organización multinacional e multinivel entón conta con problemas por exemplo a hora de cerrar fronteiras, como estamos vendo nos últimos días co tema do Reino Unido, e outras cuestións como o respecto ao estado de dereito en países que forman parte da Unión que teñen sido un problema para aportar solucións para a crise do coronavirus. Entón houbo un avance en conxunto positivo pero hai grandes xunglas en canto a capacidade da Unión Europea para traballar de forma coordinada cando hai unha crise sistémica como neste caso.

-Xa estando prácticamente descartado chegar a un acordo antes do 1 de Xaneiro, que cre que pasará ca negociación do Brexit? Chegarase rápido a un pacto entre a UE e Reino Unido?

Aínda temos a esperanza de que haxa un acordo hoxe mesmo, se non o hai hoxe si que é máis problemático porque calquera medida paliativa e provisional ten problemas legais de poder facelo nos días que hai entre Nadal e fin de ano. Entonces ogallá que hoxe haxa un acordo, estamos falando dun acordo comercial valorado en 40 mil millóns de euros ao ano. Hoxe en día só queda discutir por 60 millóns de euros iso é o que queda por solucionar de todo o que se leva falado en 7 meses. Estes 60 millóns son importantes para Galicia porque son cota pesqueira, os mariñeiros galegos vanse ver afectados porque van ter que perder o seu traballo ou marear noutros caladoiros. A UE acordou un paquete de 5 mil millóns para aqueles barcos que vaian a perder o seu traballo por culpa de que o Reino Unido como país soberano queira ter unha maior cota pesqueira.

Pero realmente estamos falando dese nivel, se hai un acordo hoxe publicarase despois de Nadal un borrador de tratado e haberá unha ratificación por parte do Parlamanto Británico e polo Parlamento Europeo despois de ano novo.

O problema é que ao improvisar abruptamente un acordo internacional ten as súas contras pero se chegamos a un acordo hoxe vai haber boa vontade por todas as partes. Se non hai acordo nas próximas semanas podemos estar nunha situación onde incluso os avións non van poder voar entre o Reino Unido e a Unión Europea. Estando nun nivel desta extremidade pois ogallá prevalezan os espiritús razoables e que esta milla que falta para chegar a un acordo se alcance nas próximas horas tras case 5 anos de disputas. Esperemos que co próximo novo acordo se estabilice esta relación que é tan importante para a UE como para a xeopolítica mundial, e que os países da Unión sigan traballando para o acordo global do clima na Cumbre de Glasgow que se celebrará nesa cidade escocesa o ano que vén nos que a Unión Europea e o Reino Unido son os principais actores dese acordo.

24 dic 2020 / 13:20
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.