Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 18 octubre 2021
22:00
h

Xornalistas Galegas alerta aos medios do agravamento da desigualdade de xénero

Santiago. A asociación Xornalistas Galegas, formada por mulleres profesionais de todos os ámbitos da comunicación comprometidas cun xornalismo feminista, apela á responsabilidade social dos medios ante o agravamento da desigualdade entre homes e mulleres debido á pandemia. O colectivo traslada ás empresas de comunicación esta demanda con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

A asociación, constituída en 2018 e cuxo manifesto fundacional foi asinado por preto de 200 mulleres, insta as directivas e redaccións dos medios a incidir no impacto da pandemia na realidade feminina e evitar a difusión de contidos ou posicionamentos que banalicen e perpetúen a discriminación de xénero. Neste sentido, apela ao carácter de servizo público da prensa para esixir a defensa do ben común, neste caso, a igualdade entre sexos.

Do mesmo xeito, Xornalistas Galegas, reivindica a perspectiva feminista nos medios para visibilizar accións en favor da igualdade e outorgar á figura da muller a relevancia social que lle corresponde, especialmente no contexto de pandemia.

09 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.