El Correo Gallego

Portada  |   RSS - Portada RSS

o sete de xaneiro

Acto da Fundación para celebrar o 64 cabodano de Castelao

Terá lugar no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval, en Santiago

SANTIAGO  | 16.12.2013 
A- A+

A Fundación Castelao celebra o día sete de xaneiro de 2014 o acto Voces a Castelao no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval polo 64 cabodano da morte (1950) de Daniel Castelao. O programa que se se vai desenvolver é o que segue:

Saúda de recepción
Música de Raúl Galego 'O gaiteiro nubeiro'
Voces e músicas: MINI E MERO
Voces:
- Lorena Rei
- Sofía Sánchez- Brunete Facal
- Génesis Andreina Toárez Rosado
- Carlos Negro
- O Leo
- Antía Otero
- Anabel Montouto
- Marcos Borrageros

A clausura do acto correrça a cargo de Carlos Mella Villar, presidente da a Fundación Castelao.