El Correo Gallego

Portada  |   RSS - Portada RSS

A historia dun bandoleiro chamado Xan Quinto

Segundo os investigadores Xosé Comoxo e Xesús Santos, o lendario ladrón era da parroquia rianxeira de Araño// O seu nome real era Antonio Rodríguez Otero // Asaltaba a tratantes, recadadores, arrieiros e feirantes

Imaxe da casa, xa desaparecida, de Antonio Rodríguez, alias ‘Xan Quinto’, que foi enterrado nunha horta próxima a ela. Foto - FOTO: C. de R.
Imaxe da casa, xa desaparecida, de Antonio Rodríguez, alias ‘Xan Quinto’, que foi enterrado nunha horta próxima a ela. Foto - FOTO: C. de R.

SUSO SOUTO  | 29.02.2016 
A- A+

Ata hai uns poucos anos, o bandoleiro Xan Quinto, que se dicía nacera na zona de Araño (Rianxo), era un personaxe totalmente descoñecido. Foron varios os escritores, incluso de renomeada talla intelectual, os que o citaron nas súas obras, situándoo na segunda metade do século XIX. Parecía tratarse dun tipo froito da inventiva popular aproveitado polos intelectuais da época para recrealo nas súas páxinas.

O primeiro en facelo con precisión a través de testemuñas orais foi o historiador J. A. Durán no libro Crónicas I. Bandolerismo Gallego-La leyenda de Xan Quinto, onde relata a lenda e as andanzas deste bandoleiro, que era "alto como un castillo, liviano coma un vimbio, forte coma un carballo" e que asaltaba "sobre todo, a los caminantes para robarles. Especialmente se caía sobre aquellas gentes que movieran dinero (arrieros, buhoneros, mandareiras, tratantes de ganado, recaudadores, paisanos que van y vienen del ferial".

O erudito Xavier Costa Clavell preguntábase en 1978 se existiría realmente "un bandolero llamado Xan Quinto o no es más (ni menos) que una creación popular".

Para o escritor Ramón María del Valle-Inclán, era un personaxe "alto, fuerte, airoso, cenceño. Tenía barba de cobre y las pupilas verdes como dos esmeraldas, audaces y exaltadas. Por los caminos entre chalanes y feriantes, prosperaba la voz de que era muy valeroso".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt