41 CARREIRA PEDESTRE POPULAR DE SANTIAGO

El Correo Gallego

Portada  |   RSS - Portada RSS

Morre Fran Pérez 'Narf', un dos grandes da música galega

O músico, nado en Silleda, faleceu aos 48 anos // O seu derradeiro concerto foi no Teatro Principal de Santiago hai unhas semanas, no marco do Womex

NARF en la presentación de artistas gallegos que participaron en la feria musical
Ver galería
NARF en la presentación de artistas gallegos que participaron en la feria musical "Womex 2016" - FOTO: Efe

SANTIAGO. RO  | 16.11.2016 
A- A+

Hoxe faleceu a causa dun cancro o músico compostelán Fran Pérez 'Narf'. O artista, nado en Silleda, morre aos 48 anos de idade, deixando tras de si unha intensa traxectoria que o converteu nun dos nomes imprescindibles e máis queridos da música do país. Levou tamén as súas cancións a palcos de Brasil, Arxentina, África... Creou música de teatro, formou parte da Psicofónica de Conxo, foi un dos fundadores da Sala Nasa, publicou o disco 'Aló irmao' co músico Manecas Costa, xirou nos últimos meses coa cantante Uxía e o seu derradeiro concerto celebrouse hai unhas semanas no Teatro Principal de Santiago, coa compaña dos africanos Timbila Muzimba, no marco da Feira Womex.

Diferentes asociacións do mundo da cultura galega expresaron este martes a súa tristura, así como as súas condolencias, ante a morte do músico Fran Pérez 'Narf'.

Por unha parte, a asociación de actores e actrices de Galicia lamentou a súa perda a través dun comunicado de prensa no que recorda o seu traballo no mundo escénico.

Os autores da SGAE, por outra, choran o falecemento aos 48 anos do músico galego, "referente da súa xeración e figura carismática da escena musical en Santiago e en Galicia enteira".

Noutra nota, a sociedade xeral de autores, na que Fran Pérez ingresou en 1991, reivindica a súa "xenerosa obra" e defíneo como un autor "talentoso e trasversal".

"Buscou sempre a fusión creativa con outras disciplinas (o teatro, fundamentalmente) e con outros territorios: de Galicia a África ou Sudamérica, a través das pontes idiomáticas e culturais da lusofonía,", subliña.

Precisamente, a asociación de actores chama a atención sobre que no mundo escénico deixou "pegada" ao poñer música orixinal a un grande número de montaxes teatrais das compañías do país.

"Proba do recoñecemento e cariño que sentía a profesión escénica por Narf atopa nos catro Premios María Casares á Mellor Música Orixinal que recibiu", apunta.

FESTIVAIS DE TODO O MUNDO

Narf presentou os seus traballos en festivais de todo o mundo como o Mercado Cultural de Salvador Baía, Câmbio Sonoro (Recife), Antídoto (Sao Paulo), varias edicións do Festival d'Agosto (Maputo), Festival de Mindelo, ou Cantos na maré, en Pontevedra, Bafim (Bos Aires), London City Festival (Londres) ou Liet Lavlut (Östersund), onde acadou o segundo posto no concurso da canción en linguas minorizadas europeas. Ademais, tamén deixou a súa impronta en Porto Alegre, Río de Xaneiro, Polonia, Guinea, Barcelona ou Reino Unido. Indica a Galipedia que foi membro de grupos como Psicofónica de ConxoOs Quinindiolas ou Nicho Varullo, e que compuxo máis dunha trintena de bandas sonoras para producións teatrais de diferentes compañías en Galicia e Portugal, como Salomé ou A boa persoa de Sezuán, co Centro Dramático Galego.

No mundo do audiovisual, destaca a súa participación como compositor no filme de animación para nenos O labirinto dos soños, con texto e dirección de Pepe Sendón, ademais de diversos traballos no ámbito dos documentais, como Galicia Une.

Tamén se achegou ao mundo do teatro, e foi un dos catro fundadores da Sala Nasa en 1992, compoñendo, entre outros labores, cancións para a Banda da Nasa até 1998, ano no que abandonou o proxecto. Alén disto, ten participado como actor nalgunhas montaxes teatrais, orixinalmente como membro da compañía Chévere (Máquina totalAnnus Horribilis e outros).