El Correo Gallego

Portada  |   RSS - Portada RSS

Nieves Soutelo: “Aínda estou asimilando o Lorenzo Baleirón”

A autora de ‘Código poético’ mantén que o poemario é froito dun gran traballo interior. O libro da estradense componse de catro partes

DODRO. ANTÍA  | 22.12.2007 
A- A+

David Ramos
Nieves Soutelo é natural de A Estrada e é licenciada en Historia
FOTO: David Ramos

Ten vinte e cinco anos. É natural da Estrada, licenciada en Historia e traballa nunha ONG en Santiago. Ademais participou no proxecto literario das terras de Tabeirós-Deza Augas Verso e adícase tamén á música. Pero a faceta máis destacada desta estradense é a escritura e, en concreto, a poesía. Precisamente esta afección foi a que a levou a presentarse ao Premio Eusebio Lorenzo Baleirón de Poesía promovido polo Concello de Dodro. "Foi de xeito fortuíto como me presentei", sinala, "xa que acabara había pouco un poemario. O que non foi doado foi atopar as bases do certame pois en Internet non aparecían".

O seu poemario Código poético acadou o premio dodrense, dotado con 2.300 euros. "Aínda o estou asimilando porque non dou crédito" (e iso que pasaron xa máis de sete días e o pasado domingo, día 23, nun acto solemne recibiu o galardón).

"Para min foi toda unha sorpresa, non o esperaba, pero estou moi leda". "O premio é un incentivo máis, pero gañara ou non eu seguirei escribindo toda a miña vida, porque non depende dun recoñecemento, forma parte dunha mesma".

Código poético é un poemario froito de anos de traballo e dun gran labor interior. Nieves manifesta que o que lle foi máis complicado foi facer a escolma de poemas escritos que tiña e a súa combinación para acadar unha estrutura sólida e de conxunto. "Eu tiña os poemas, pero non eran versos unidos, senón que foron nacendo da creación. Sentarse a escollelos foi o máis complicado e sobre todo foi un traballo interior grande". A estradense confesa ser moi crítica con ela mesma.

é un poemario froito de anos de traballo e dun gran labor interior. Nieves manifesta que o que lle foi máis complicado foi facer a escolma de poemas escritos que tiña e a súa combinación para acadar unha estrutura sólida e de conxunto. "Eu tiña os poemas, pero non eran versos unidos, senón que foron nacendo da creación. Sentarse a escollelos foi o máis complicado e sobre todo foi un traballo interior grande". A estradense confesa ser moi crítica con ela mesma.

En canto ao poemario, este pódese dividir en "tres partes máis unha. A primeira son poemas do eu mesmo e o ti. A segunda é unha voz poética, un diálogo que queda sen resposta. A terceira parte é un conglomerado de sensación e sentimentos, de imaxes. Miscelania. A última, Omínodos, é un diálogo máis íntimo, más harmonioso".