El Correo Gallego

Portada  |   RSS - Portada RSS

entrevista en Radio Obradoiro

O profesor acusado de homofobia di que el "intenta cambiar este mundo"

Domingo Neira afirma en Radio Obradoiro que "nunca descalifiquei a ninguén, e non é a primeira vez que tomo un viño con algún homosexual ou algunha lesbiana" // O docente expedientado pola USC di que as súas palabras foron malinterpretadas, pero reitera que "a pederastia e a homosexualidade son eventos conxénitos, que se xeran durante o embarazo" // Afirma que se o apartan da docencia será porque "haxa profesores que entendan que lles estou facendo a competencia"

Domingo Neira - FOTO: Ramón Escuredo
Domingo Neira - FOTO: Ramón Escuredo

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Domingo Neira, profesor da USC


SANTIAGO. RO  | 28.11.2013 
A- A+

A Universidade de Santiago abriulle un expediente ó profesor de Ciencias da Educación, Domingo García Neira. A institución tomou a decisión logo de que un grupo de alumnos do docente presentaran unha queixa na que o acusaban de facer comentarios homófobos nas súas clases, e mesmo de ter relacionado homosexualidade con pederastia. Lonxe de retractarse, nunha entrevista concedida a Radio Obradoiro o profesor incidiu nos mesmos argumentos.

Asegura Neira que as súas palabras foron malinterpretadas, e que se molestaron "tres ou catro alumnos que saíron da clase e que poden defender a súa opinión, o mesmo que eu a miña". Tamén di que el ten "un pensamento coherente propio", e que unha das súas tarefas como docente é "espertar as neuronas dos alumnos, xerar debate".

Fala o profesor Neira de malas interpretacións, para engadir que o único que dixo na clase foi que "a pederastia e a homosexualidade eran eventos conxénitos, que se xeran durante o embarazo". Sostén que é algo demostrado cientificamente, e engade que de non ser un "evento conxénito", lembrando que "a homosexualidade quitouse como enfermidade nos anos 70", ten que ser "un vicio". Unhas palabras que non deixan espazo para esas malinterpretacións.

É máis, por se a alguén non lle quedara claro, Neira engadiu que "a xente que se adica a esto _en referencia ós homosexuais_, é en moitos casos xente viciosa que se escuda detrás da homosexualidade para aproveitarse dos seus vicios". Logo de soltar todo isto, asegurou que "nunca descualifiquei a ninguén, e non é a primeira vez que tomo un viño con algún homosexual ou algunha lesbiana".

Sobre a bibliografía que emprega nas súas clases, afirmou que "é un manual de didáctica xeral". O profesor Neira defínese a si mesmo como pouco menos que un revolucionario, explicando que "ás veces, para innovar e cambiar ten que haber persoas que sexan quen de mover este muíño. Non sei se dou no cravo, pero eu intento cambiar este mundo".

A respecto do expediente que lle vén de abrir a USC polas súas manifestacións, cre que "se hai un problema, hai que averiguar". Preguntado sobre a posibilidade de que puidera ser apartado da docencia, Neira sinalou que "en caso malévolo, de que haxa profesores que entenden que lles estou facendo a competencia, podería servir". En resumo, se o botan será por envexa.

Síguenos en twitter e facebook