El Correo Gallego

Portada  |   RSS - Portada RSS

entrevista en caixón de sastre, 102.1 FM

"Un dos aspectos menos coñecidos de Cela é a súa relación co cine"

A Fundación Camilo José Cela conmemora o XI aniversario da morte do escritor cun completo programa de actividades // A xerente, Covadonda Rodríguez, explicou que a institución organiza un certame literario e acolle unha mostra sobre a faceta cinematográfica do Nobel // Este mércores clausurase un ciclo de cine coa proxección de 'La Colmena'

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Covadonga Rodríguez, gerente de la Fundación Camilo José Cela


SANTIAGO. RO  | 16.01.2013 
A- A+

RO
Un fotograma de 'La Colmena', filme baseado na obra homónima de Cela, que contou cun 'cameo' do escritor
FOTO: RO

A Consellería de Cultura lembrará este mércores a figura do premio Nobel Camilo José Cela no XI aniversario do seu falecemento a través da súa Fundación Pública, situada en Iria Flavia.  A xerente da institución explicou en Radio Obradoiro que durante os vindeiros días están previstos unha serie de actos conmemorativos, entre os que se atopa unha misa ás 19.00 horas deste mércores na excolexiata de Santa María de Adina.

Covadonga Rodríguez sinalou que hoxe tamén será clausurado o ciclo de cinema 'CJC, un novelista en la pantalla', que viña desenvolvendo desde o pasado mes de novembro, coa proxección dunha das películas máis coñecidas sobre a súa obra 'La colmena', de Mario Camus. Rodríguez explicou que este é un dos aspectos máis descoñecidos do escritor padronés. "A relación de Cela coa séptima arte non se debe únicamente a que as súas obras foran levadas ao cine e a súa colaboración nesas adaptacións como actor. Nos anos 40, sendo mozo, xa participaba en proxectos de guión para títulos como 'El sótano', 'El manicomio'... Filmes que no seu momento non tiveron demasiado éxito pero que agora son películas de culto". O ciclo cinematográfico vai ligado, dixo, a unha mostra organizada en colaboración co Departamento de Historia da arte da Facultade de Xeografía e Historia da USC, que permanecerá aberta ao público até o próximo 30 de abril.

Mañá, xoves 17 de xaneiro, cando se cumplen once anos do pasamento do Nobel, A Fundación convoca o II Concurso de Microrrelatos, que este ano estará dedicado a 'La familia de Pascual Duarte' e que contará coas categorías de infantil, xuvenil e adulto.

Covadonga Rodríguez explicou que as actividades de homenaxe a Cela serán especialmente intensas durante esta semana pero fixo fincapé en que a Fundación divulga durante todo o ano o legado do autor e as súas facetas menos coñecidas. "Contamos coa súa obra e cunha biblioteca formada por 45.000 volumes pero tamén queremos achegarlle ao público a relación do escritor con Hispanoamérica, co mundo do cine,  os seus traballos como pintor e tamén o seu afán coleccionista". Segundo dixo, "Cela coleccionaba  botellas, caixas de cerillas e ata orinais", e un dos aspectos que máis chama a atención aos visitantes "é  a súa pinacoteca, con máis de 2.000 obras de arte".