El Correo Gallego

Portada  |   RSS - Portada RSS

"Un dos obxectos máis fotografados da mostra é a famosa bata de Goa"

Manuel Gago, comisario de 'Galicia Cen', falou en Radio Obradoiro da exposición que promove o Consello da Cultura Galega // Máis de 1.000 persoas pasaron a vela na sede de Afundación en Santiago

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Manuel Gago, comisario de 'Galicia Cen'

SANTIAGO. RO   | 20.05.2016 
A- A+

Un cento de pezas de diversa índole, case setenta de xeito presencial e o resto a través de recursos dixitais, forman a exposición 'Galicia Cen', unha mostra transmedia para artellar un relato novo sobre Galicia e a súa cultura. Así a definiu o seu comisario, Manuel Gago, nunha entrevista en Radio Obradoiro. O xornalista explicou que a exposición pode visitarse até finais de setembro na sede de Afundación en Santiago, na Rúa do Vilar, e posteriormente pasará por Vigo e A Coruña. Para elaborar a mostra o equipo de Manuel Gago precisou dous anos e medio de traballo, tomando como referenza, segundo dixo, outras experiencias semellantes como a que en 2010 iniciou o Museo Británico e a BBC Radio 4, que deu lugar a 'Historia do mundo en 100 obxectos' e que foi adaptada despois en Estados Unidos e Irlanda. Gago salientou a boa acollida que está tendo a mostra, con máis de 1.000 persoas que xa pasaron por ela na súa primeira semana aberta ao público. 'Galicia Cen' recolle pezas elixidas pola súa capacidade de representar tempos, épocas, xentes e mentalidades. Tesouros artísticos e tamén obxectos curiosos, como o futbolín, inventado por un galego, ou a prenda que que deu orixe a Inditex. De feito, "un dos obxectos máis fotografados da mostra é a famosa bata de Goa, que todo o mundo coñecía pero que case ninguén vira. Atopámola nunha mercería coas etiquetas orixinais", explicou Gago. 

Síguenos en Twitter e Facebook