Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A agonía da música e do baile: “Necesitamos que nos deixen traballar e que nos deixen vivir”

A COVID segue a machucar aos sectores máis afectados da cultura e non lles permite levantar cabeza, ademais o apoio institucional que reciben é practicamente nulo

Vai facer case un ano desde que se tivo que parar a música, o baile, as verbenas, a cultura, en xeral. Pero a pesar de que pasase este tempo e que a recuperación da nosa vida xa estea máis avanzada, o sector da música e o baile en vivo está a quedar polo camiño. Son poucos os valentes que tentan continuar da mellor maneira posible a súa traxectoria persoal e profesional.

Algúns destes e destas valentes son persoas como Alberto Dopico, propietario da Orquesta CINEMA e presidente de ASEVEGA (Asociación de Empresarios da Verbena Galega) que segue cara adiante coa súa formación musical a pesar das condicións; tamén é o caso de Alejandro Rodríguez, un mozo bailarín e profesor de Vilagarcía de Arousa que continúa a formarse e impartindo clases, á vez que compaxina todo isto cos seus estudos en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. E por último, unha das maiores expoñentes da música en galego, a cantante Pili Pampin que xunto con persoas como Alberto ou Alejandro representan esa cultura que segue a loitar por tirar cara a adiante e poder ofrecernos un futuro cheo de entretemento.

-Como influíu a pandemia na súa vida profesional?

Alberto Dopico. Os músicos e cantantes das orquestras atopáronse privados do seu medio de vida, ademais sen data de volta. No caso dos empresarios propietarios destas, víronse sen poder facer fronte ás obrigas financeiras.

Alejandro Rodríguez. El tener que quedarse en casa y no poder compartir danza con nadie más, dado que la danza urbana se basa en estar con otras personas. Las clases son complicadas ya que no nos podemos tocar y a mí como profesor no me gusta estar alejado de mis alumnos.

Pili Pampin. Levo desde outubro do 2019 sen traballar, coa consecuente falta de ingresos. Do meu traballo, basicamente no verán, é do que vivo todo o ano.

-Como cre que afectou a pandemia do Covid-19 ao panorama musical español/galego?

Alberto Dopico. A pandemia afectou ó sector das orquestras, festas e verbenas galegas aínda con máis agresividade, xa que desde o comezo da mesma a nosa actividade é nula.

Pili Pampin. A Covid-19 acabou co noso traballo, literalmente, ao non poder celebrarse ningunha verbena nin espectáculos públicos.

-Considera que se está a axudar á cultura en xeral todo o que se debería?

Alberto Dopico. Unha pregunta sen resposta fácil. Todo o que se debería? Seguramente sempre se pode facer máis, aínda que ninguén está preparado para una situación tan excepcional.

Alejandro Rodríguez. No. Es decir, creo que desde que ha empezado la pandemia la cultura se está llevando una de las peores partes porque estamos muy desamparados.

Pili Pampin. Descoñezo as contías das axudas ao que se entende por “cultura”. Ao meu ver, a música é cultura, e neste campo, dende logo, non hai ningunha axuda.

-Cre que debido a estas circunstancias empeoraron as condicións laborais e/ou oportunidades dos cantantes, tanto veteranos como amateurs?

Alberto Dopico. Obviamente si. O peor é non saber ata cando durará esta situación

Pili Pampin. Si, por suposto, tanto pola falta de traballo e axudas, como pola picaresca á hora de facernos algún contrato pequeno, xa que ofrecen cachés moi baixos.

-Cre que volverá á normalidade ao mundo da música e o baile?

Alberto Dopico. Espero que si, aínda que será de forma gradual. Pode que algunhas medidas vannos acompañar durante bastante tempo. Necesitamos que nos deixen traballar e que nos deixen vivir.

Alejandro Rodríguez. Yo creo que sí, no sé si al acabar esto se permitirá tanto público o se reducirá el tamaño de los grupos. Pero a nivel de eventos está claro que sí, ya que, por ejemplo, la gente que me rodea está deseándolo.

Pili Pampin. No corto-medio prazo desde logo que non. Agardemos que en 2022 se normalice a situación, aínda que moitas e moitos compañeiras/os quedarán polo camiño.

02 mar 2021 / 19:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.