Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 27 febrero 2021
22:50
h

A cifra de vítimas da pandemia en Galicia sobe a 1.369 logo da morte doutras seis persoas

SANTIAGO. EP. A morte doutras seis persoas diagnosticadas con covid-19 elevou o número de vítimas da pandemia en Galicia até as 1.369, segundo os datos ofrecidos polas autoridades sanitarias. Tres dos falecidos atopábanse en hospitais de Vigo, dous en Santiago e a restante, unha muller de 70 anos, no Hospital da Mariña da área sanitaria de Lugo. Un dos óbitos rexistrados en Vigo corresponde ao dun home de 80 anos que permanecía ingresado en Povisa, mentres que os dous restantes producíronse no CHUVI. Trátase dunha muller de 93 anos e un home de 80 anos. Este último procedía da Residencia Cesantes-Redondela. Pola súa banda, os dous falecidos no CHUS de Santiago foron unha muller de 94 anos e un home de 89.

Todos eles presentaban patoloxías previas, segundo confirmou a Consellería de Sanidade.

26 dic 2020 / 21:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.