Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A morte de catro persoas con coronavirus eleva o total de vítimas a 773 en Galicia

SANTIAGO. EP. A Consellería de Sanidade notificou na tarde deste mércores catro novas mortes en Galicia con coronavirus, o que eleva o total de vítimas mortais até 773 desde o inicio da pandemia. En concreto, trátase de: unha muller de 66 anos que estaba ingresada no CHOP de Pontevedra; unha muller de 91 anos e home de 81 anos, ingresados no Hospital de Verín; así como unha muller de 90 anos no Chuvi de Vigo. Todos presentaban patoloxías previas. De tal forma, o número de falecidos diagnosticados con coronavirus desde o comezo da 'nova normalidade' ascende a 152 en Galicia. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a Comunidade galega encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen decesos relacionados co coronavirus.

07 oct 2020 / 20:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.