Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Xunta alivia as restricións e dálle osíxeno á hostalaría

Este es la plantilla de ECG
14:42 h.

Horario dos comercios e supermercados

    Malia a decisión de ampliar o toque de queda ata as 23.00 horas, Núñez Feijóo non pode confirmar se o horario de apertura dos comercios e dos supermercados tamén se vai ampliar máis aló das 21.00 horas.

    Este es la plantilla de ECG
    14:38 h.

    A Xunta rechamará a tódolos maiores aínda non vacinados

      A Xunta vai rechamar a tódolos maiores que non foron vacinados no seu momento, xa sexa porque o rexeitaron ou porque non puideron ser localizados.

      Este es la plantilla de ECG
      14:37 h.

      Feijóo insiste: os beneficios da vacina de AstraZeneca son moi superiores ás contraindicacións

        Observamos, sinala Núñez Feijóo, "unha gran responsabilidade dos galegos. O 75% está acudindo a ser vacinado cos viais de AstraZeneca. É un excelente indicador. Podo acreditar que precisamos unha decisión de forma inmediata para as persoas que teñen unha soa dose de AstraZeneca. Hai millóns e millóns de persoas vacinadas con este fármaco, e a porcentaxe de adversidades é de 0,0 e o decimal seguinte que depende do país".

        Este es la plantilla de ECG
        14:33 h.

        Estudaranse posibles novas relaxacións en 10 ou 12 días

          A Xunta agardará 10 ou 12 días para tomar novas decisións, se ben a actualización dos concellos nos que se endurecen ou se relaxan as restricións, "seguirá sendo automático".

          Este es la plantilla de ECG
          14:32 h.

          Galicia comeza a dispensar esta semana o certificado de vacinación

            Insiste Núñez Feijóo en que os beneficios das vacinas son moi superiores ás contraindicacións. Pide ser "moi prudentes" en calquera caso, cando se trata da vacinación dos máis maiores. De xeito inmediato, Galicia vai comezar a dispensar o certificado de vacinación, coa data da mesma, o número de lote e o nome da vacina dispensada. Cre que este certificado debería outorgar maiores dereitos de mobilidade a quen xa estea vacinado, "aínda que sexa unha medida discriminatoria".

            Este es la plantilla de ECG
            14:26 h.

            "Estamos surfeando a cuarta onde sen impactos"

              O presidente foi tallante ao afirmar que "se vemos que o índice sube, actuaremos, e se nun concello se dispara a incidencia, tomaremos medidas. Esto non acabou". De momento "estamos surfeando a cuarta onde sen impactos. Estamos optimistas". 

              Este es la plantilla de ECG
              14:24 h.

              "Sen amparo legal para xestionar a pandemia"

                En opinión de Alberto Núñez Feijóo, a clave agora é "que se desplome o número de contaxios, unha vez que se desplomou a mortalidade". Outro dos retos, apunta Feijóo, pasa polo remate do estado de alarma o 9 de maio. A día de hoxe, a Xunta "está estudando o que podemos facer desde o punto de vista da mobilidade individual e colectiva e dos peches perimetrais". Todo apunta, di, que a lei galega de saúde vai ser recurrida con solicitude de suspensión das partes do texto que o Goberno decida recurrir, e "quedaremos sen amparo legal" para xestionar a pandemia. Considera que "non é de recibo" o feito de que nin sequera nos comenten se algunhas das nosas decisións van ser recurridas e suspendidas.

                Este es la plantilla de ECG
                14:18 h.

                Os restaurantes poderán servir ceas e terán que pechar ás 23.00 horas

                  No tocante á hostalaría, os bares seguen tendo como hora de peche as 21.00 horas, se ben se amplían os locais que poden servir ceas ata as 23.00 horas. Para iso, os restaurantes deben cumprir tres requisitos: contar con licencia de restaurante, funcionar con cita previa e conservar un rexistro de clientes, e garantir a calidade do aire con controis de CO2.

                  Este es la plantilla de ECG
                  14:14 h.

                  O toque de queda pasa ás 23.00 horas

                    O toque de queda pasa ás 23.00 horas. É, di Feijóo, unha decisión "lóxica" pola situación epidemiolóxica e polo cambio de hora.

                    Este es la plantilla de ECG
                    14:14 h.

                    Alivio das restricións nas residencias da terceira idade

                      Tendo en conta estes parámetros, acordouse dar "pequenos pasos" marcados pola "prudencia". Son, di Núñez Feijóo, "pasos cara adiante". A comunidade autónoma seguirá pechada perimetralmente do conxunto de España. Sen embargo, continúa a progresiva apertura das residencias da terceira idade: a partir de agora os residentes poden recibir a visita de calquera persoa con cita previa e dun en un. Aumenta o número de días nos que os maiores poden sair á rúa: tres veces por semana, cunha duración de catro horas por cada unha das veces. 

                      Este es la plantilla de ECG
                      14:10 h.

                      Proliferación de novas cepas e cuarta onda

                        O 90% dos casos que se secuencian en Galicia son da cepa británica. Este é, di Feijóo, outro dos asuntos que preocupan á Xunta, xunto coa cuarta onda de COVID "que xa é unha realidade en algúns lugares de España". Que chegue a Galicia é unha posibilidade "que non se debe desbotar".

                        Este es la plantilla de ECG
                        14:08 h.

                        Restricións por concellos

                          Detalla o presidente da Xunta a situación na que quedan os concellos galegos tra-la reunión de onte do comité clínico. Quedan no nivel máximo de restricións os concellos de Carballeda de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal e O Grove. Mentres, están en nivel alto de restricións Monterrei, Cortegada, Padrenda, O Barco de Valdeorras, Rubiá, Barreiros, Carral, Boimorto, Boiro e A Illa de Arousa. Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións os municipios do Irixo, Trabada, Meira, A Pobra do Brollón, Muxía, Cambre, Ortigueira, Ribeira, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilanova de Arousa, As Neves, Gondomar, Vilaboa, Marín e Meaño. No resto dos concellos galegos, "o 91% da poboación", estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. 

                          Este es la plantilla de ECG
                          14:06 h.

                          Ritmo de vacinación e incremento de PCR positivas

                            Como datos preocupantes nestes intres, Núñez Feijóo ve como "un nubarrón no horizonte o ritmo de vacinación". Outro dos puntos delicados é que están a subir as PCR positivas, derivado, di, do aumento da mobilidade durante a Semana Santa.

                            Este es la plantilla de ECG
                            14:04 h.

                            "Albiscamos a luz ao final do túnel"

                              O presidente da Xunta ve como puntos a favor para suavizar restricións o feito de que tódolos indicadores melloraron, hai unha menor presión hospitalaria e tamén unha importante baixada da mortalidade. Ademais hai un incremento pronunciado do ritmo de vacinación. A finais de xuño "poderiamos ter inmunizados alomenos coa primeira dose a tódolos maiores de 60 anos". Galicia, sinalou, leva 25 días sen rexistrar un só caso positivo nas residencias da terceira idade. Afirma Núñez Feijóo que "albiscamos a luz ao final do túnel".

                              Este es la plantilla de ECG
                              14:01 h.

                              Feijóo cre que é o momento de avanzar nunha apertura progresiva, gradual, medida e proporcional

                                Cos datos na man, e vendo que os galegos actuaron "con responsabilidade e con sentidiño", Núñez Feijóo cre que "é o momento de avanzar nunha apertura progresiva, gradual, medida e proporcional".

                                Este es la plantilla de ECG
                                13:59 h.

                                "Estamos en mellor situación que cando iniciamos a apertura en decembro"

                                  O presidente detalla os datos actuais da situación epidemiolóxica en Galicia a día de hoxe, con 2.400 casos activos de COVID, 158 ingresados en planta e 26 na UCI. A incidencia acumulada en Galicia a 7 días é de 41,8 casos por 100.000 habitantes fronte aos 108,9 da media estatal, e a 14 días é de 77,6 fronte a 196,2. Galicia, di Feijóo, "é a comunidade coa menor ocupación en UCI por COVID e a segunda comunidade autonóma con menor taxa de positividade". Segundo o presidente, "estamos en mellor situación que en decembro cando iniciamos a apertura": a taxa a 7 días era daquela de 87, e a 7 días era de 204. Hai, sinalou, un 53% menos de pacientes en UCI, e un 20% menos de pacientes hospitalizados.

                                  Este es la plantilla de ECG
                                  13:53 h.

                                  Comeza a rolda de prensa

                                    Comeza a rolda de prensa de Alberto Núñez Feijóo. Afirma que despois da Semana Santa "estamos en condicións de tomar temperatura á situación da COVID e adoptar medidas en relación á actividade económica e tamén de carácter individual".

                                    14 abr 2021 / 13:12
                                    • Ver comentarios
                                    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
                                    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.