Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Adiantado e con gran incerteza: así foi o primeiro baño do ano

Sanidade pide “establecer aforos distintos” polas mareas // A Coruña informará en tempo real do aforo dos areais

O vindeiro 8 de xuño estaba marcado en moitos dos almanaques galegos con tinta vermella, pois daquela poderíse disfrutar do primeiro chapuzón do ano, xa que co comezo da fase 3 do desconfinamento contemplábase a apertura dos areais. Pero adiantouse. O Goberno central decidiu, finalmente, anticipar esta posibilidade ata a fase 2, na que Galicia entrou onte adiantando unhas semanas ese primeiro baño, de agradecer cos días solleiros que estamos disfrutando na comunidade.

Non obstante, non se viviu nas vilas costeiras galegas con exceso de xolda, senón máis ben con incerteza, sobre todo dende os concellos debido a que non se sabía moi ben cales eran as esixencias do Executivo central, e coa dificultade engadida que proporciona contar con preto de 1.000 praias ao longo dunha costa que proporciona unha variedade de situacións inmensa.

Precisamente, en ofrecerlle ferramentas aos municipios para afrontar esta reapertura vén traballando a Xunta nos últimos días. A semana pasada, a Administra-ción autonómica puxo a disposición dos concellos un sistema de cita previa para acudir aos areais, pero a maioría rexeitouno ante á imposibilidade operativa de levalo a cabo cos seus medios actuais.

Esta semana, o Executivo de Núñez Feijóo dirixe os seus esforzos cara Madrid, pois alí –de xeito postal– o Conselleiro de Sanidade demandou ante o seu homónimo ministerio a posibilidade de que os concellos galegos que así o consideren poidan “establecer dous tipos de aforos diferentes” nas praias, en función da baixamar e da pleamar debido ás grandes diferencias que se dan na comunidade dependendo das mareas.

“O actual cálculo considera que para obter o aforo máximo permitido nas praias, tense que considerar unha superficie por bañista de aproximadamente catro metros cadrados”, expuxo Sanidade nun comunicado. “Para facer este cálculo, hai que descontar da superficie útil da praia, como mínimo, unha franxa de seis metros a contar desde a beira da pleamar”, engadiu.

Segundo expón Vázquez Almuíña , esta restrición “impediría o uso de moitos dos areais galegos”. A “solución” que propón para calcular o aforo en baixamar, subliña a Consellería, “pasa por descontar da superficie útil da praia unha franxa de 4 metros desde a baixamar”.

Deste xeito o Executivo galego continúa poñendo ferramentas nas mans dos concellos para garantir a seguridade de veciños e visitantes nos areais.

Mais os propios concellos tamén se moven neste sentido, un exemplo disto é o concello de A Coruña, a súa concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, anunciou onte que os coruñeses non tiñan limitación horaria para acudir dende onte aos areais e que se lle ofrecerá a partires do día 15, e dende unha web específica, información “en tempo real” a veciños e visitantes sobre o aforo dos areais, para cumplir coas medidas de distanciamento.

Móvese tamén o Concello de Vigo na búsqueda das mellores condicións para o desfrute dos seus areais, e nesas condicións non entrarán as populares piscinas situadas no paseo marítimo de Samil.

Así o anunciou onte Abel Caballero que a pesares de confirmar que auga destas piletas está clorada facendo difícil a propagación vírica, destacou a enorme dificultade de garantir alí a distancia de seguridade de dous metros, motivo que o levou a tomar a decisións de pechalas.

O rexidor olívico anunciou –ademais– que este verán estará prohibido comer e celebrar “grandes reunións” nos areais e precisou que a mediados de xuño comezarase a colocar cintas nas praias para garantizar o mantemento da distancia social de seguridade, xa que segundo informa o Concello, é a finais dese mes cando se soen rexistrar aglomeracións.

25 may 2020 / 23:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito