Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Alivio nas restricións pola COVID na área de Santiago, Ames e Teo

Tamén baixarán as esixencias na Estrada, Ares e Ourense-Barbadás-Pereiro // Este mércores saberase que pasa coa hostelaría

SANTIAGO. Logo dunha reunión que rematou preto das 22:30 horas, o comité clínico decidiu este martes incrementar as restricións ao nivel máximo, coñecido como modelo Carballiño, aos concellos de A Guarda e As Pontes, dada a súa evolución epidemiolóxica. Ademáos, vaise manter unha especial vixilancia sobre Boiro, A Rúa, A Lama, Ordes e Cerceda. Pola contra, á vista dos datos, decidiuse aliviar as restricións nos concellos de A Estrada e Ares e nas áreas formadas por Santiago-Ames-Teo e Ourense-Barbadás-Pereiro. Estas áreas deixan o nivel máximo de risco e pasan a nivel 2. A falta do que aclare e precise este mércores a consellería para esta nova etapa, o nivel 2 marcaba aforos reducidos á metade e sen servizo nas barras. O servizo de terraza só podería funcionar ao 75% da súa capacidade. Ademáis, as reunións están limitadas a cinco persoas (poderían ser non convivintes). Os aforamentos de comercios, lugares de culto e restaurantes serán do 50% , ao mesmo tempo que non estarán permitidas as festas e as verbenas. As vodas estarán limitadas a un número de asistentes de 100 no exterior e 50 no interior, mentres que aos velorios e enterros celebrados no exterior poderán asistir 25 persoas e en interiores 10. Para os encontros deportivos ao aire libre o aforamento será de 150 persoas e en superficies cubertas de 60, aparte que os campamentos só poderán acoller a 100 mozos en exteriores e 50 en recintos pechados. Como se dixo, este mércores, en rolda de prensa, concretarase o impacto destas medidas e doutras referidas á hostalería.

01 dic 2020 / 22:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito