Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Alto grao de cumprimento das medidas fronte ao COVID dos supermercados galegos

O 38% dos establecementos alimentarios visitados polos inspectores de Sanidade nas últimas semanas tiña todo correcto

A directora xeral de Saúde Pública deu conta este mércores en rolda de prensa do traballo levado a cabo nas últimas semanas no marco da campaña de reforzo do cumprimento das medidas establecidas polo COVID. En total, os inspectores fixeron 4.107 visitas. Delas, un 56% foron a establecementos alimentarios, un 19% a locais de restauración e un 14% a instalacións deportivas.

Destacou Carmen Durán que o 38% dos establecementos visitados cumprían con tódalas medidas, no 31% foron detectadas deficiencias ou incumprimentos, e no 90% destes últimos casos, eses problemas foron resoltos. Fixo fincapé no alto grao de cumprimento dos establecementos de alimentación. Das 2.313 visitas realizadas a este tipo de negocios, o 53% cumprían con todo.

A maior parte dos problemas detectados tiveron que ver co aforo, a ventilación e a falta de xel hidroalcohólico.

03 mar 2021 / 14:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.