Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 03 junio 2020
09:49
h

CCOO esixe un plan de inspección nas residencias

investigación. Comisións Obreiras esixe unha inspección e comprobación dos plans de continxencia das residencias de maiores e de persoas con discapacidade, previo á reactivación dos centros prevista pola Xunta de Galicia. Unha inspección que se deberá facer de acordo coa representación legal dos traballadores e das traballadoras, aclara o sindicato, que xa lles trasladou ás Consellarías de Sanidade e Política Social as súas achegas ao proxecto da Xunta, un documento que en termos xerais é “correcto”, pero deixa sen concretar diversos aspectos que Comisións considera “fundamentais”.

O sindicato ve positivo que o protocolo da Xunta sexa único para os centros públicos e privados, “o cal xa é un factor importante para evitar distintos ritmos na volta á normalidade neste tipo de centros”.

Así mesmo, Comisións Obreiras pide incorporar no protocolo a regulación do traballo realizado por empresas externas aos centros —fundamentalmente as vinculadas a restauración, servizos funerarios e xestión de residuos—, xa que o persoal destes servizos tamén desempeña un papel relevante nas labores de contención do brote epidémico. REDACCIÓN

22 may 2020 / 22:48
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito