Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Centrarse en participar do Goberno fixo que Podemos naufragase nos territorios

Monedero motiva na falta de implantación os pésimos resultados obtidos no 12-X

Santiago. O cofundador de Podemos, Juan Carlos Monedero, explicou onte que os malos resultados nas eleccións autonómicas galegas e vascas da súa formación, teñen que ver con “ter dedicado o groso das súas enerxías a entrar no Goberno”, e iso levoulle a “ desangrarse, ao non estar presente nos territorios”.

Segundo Monedero, das dúas grandes premisas iniciais coas que xorde Podemos, que eran “entrar no Goberno e construír unha organización que puidese apoiar as transformacións”, só se viu satisfeita a primeira parte, e agora “queda patente a falta da segunda”.

Con todo, o director do ‘ think tank’ de Podemos cre que Podemos xa se puxo en marcha, na Terceira Asemblea Cidadá, para fortalecerse como organización. E celebrou que grazas a que entraron no Goberno, puidéronse tomar medidas durante a pandemia, como o ingreso mínimo vital, que non se terían adoptado se gobernara o PSOE “coa dereita”.

“Creo que a xente vai darse conta de que menos mal que Unidas Podemos chegou ao Goberno de España, aínda que sexa pagando o prezo de abandonarse a si mesma e non ter implantación nos territorios, cousa que xa se empezou a poñer en marcha, porque era unha reflexión obrigatoria”, resumiu.

Así, asegurou que “Podemos non está a se dedicar a facer moita publicidade do que logrou no Goberno, confiando en que o amor, con amor págase”, e en que “a xente se vai a dar conta de que por vez primeira hai comportamentos que se deben estritamente a que está aí Unidas Podemos”, e a que “foi capaz de dialogar coa parte de esquerda do PSOE, aínda que non sempre foi maioritaria”. REDACCIÓN

21 jul 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito